[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Contratación laboral por obra ou servizo determinado de persoal diverso "Proxecto Mobilia”

Bases xerais | 1 posto xerente | Técnico informática e administración Responsables de formación | Modelo de solicitude
Ampliación prazo formador soldadura
Listado provisional admitidos

Bases específicas
Técnico de xestión informática e administración

2.1. CARÁCTERÍSTICAS

  • DENOMINACIÓN: convócase un posto de TÉCNICO DE XESTIÓN INFORMÁTICA E ADMINISTRACIÓN, baixo a modalidade contractual laboral “por obra ou servizo determinado”.
  • FUNCIÓNS:
    • Manexo de ferramentas informáticas e elaboración e mantemento de páxinas web, conceptos de deseño e redes de intercambio (Dreamweaver, Adobe Photoshop, Adobe Ilustrator, PHP, Office).
    • Deseño e elaboración de redes informáticas.
    • Apoio informático e administrativo en xustificacións de gastos, xestións de expedientes e facturación.
    • Realizar aquelas tarefas de carácter informático e administrativo que se vaian xerando coa execución do proxecto.
    • Apoio ó xerente do proxecto MOBILIA na informatización e elaboración de informes de carácter económico-financeiro e solicitudes de pagamento ante o Ministerio, se se concede a subvención.
    • Apoiar ó xerente do proxecto nas tarefas de contabilidade deste.
    • Aplicación e valoración do principio de igualdade de oportunidades en contidos de páxinas web, convenios e contratos administrativos.
    • Coordinación interna co departamento responsable da xestión económica e administrativa.
    • Apoio en tarefas relacionadas co arquivo e custodia da documentación do proxecto.
    • Calquera outra función de análoga natureza relacionada co contido do posto de traballo.
  • RETRIBUCIÓNS: a retribución anual bruta de dito posto de traballo, equiparado a un posto base grupo B, nivel 22, de conformidade co establecido no I convenio colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra será de 25.784,67 €.

2.2. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Ademais das condicións xerais sinaladas na base terceira das bases xerais os aspirantes deberán posuír titulación universitaria media en Económicas, Relacións Laborais, Socioloxía, Ciencias Políticas, Pedagoxía, Dereito, Psicoloxía e Informática.

2.3. BAREMO DE MÉRITOS

  1. Experiencia profesional
    • Por servizos prestados na Administración pública, en postos de traballo de igual categoría profesional e relacionados co posto de traballo convocado:
      • 0,20 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 3,00 (tres) puntos.
    • Por acreditar experiencia laboral na Administración pública en tarefas relacionadas co contido do posto:
      • 0,10 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 1,00 (un) punto.

    A experiencia deberá acreditarse mediante certificación de servizos prestados expedida pola Administración na que prestase servizos, na que se faga constar o posto de traballo desempeñado e o período total traballado expresado en anos, meses e días.

  2. Méritos académicos
    • Titulo de licenciado universitario: 0,75 puntos.
    • Cursos de posgrao relacionados co contido do posto de traballo cunha duración superior a 150 horas: 0,50 puntos por curso, ata un máximo de 1,50 puntos.
  3. Cursos
    • Por ter asistido a cursos de formación e perfeccionamento impartidos en centros oficiais, colexios oficiais ou escolas da Administración pública relacionados co posto ó que se opta (incluídos cursos de informática e galego, ata un máximo de 2,00 (2) puntos, que se computarán da seguinte forma:
      • Por cada curso de máis de 100 horas de duración: 0,30 puntos.
      • Por cada curso de entre 60 a 99 horas de duración: 0,20 puntos.
      • Por cada curso de entre 30 a 59 horas de duración: 0,10 puntos.
      • Por cada curso de entre 10 a 29 horas de duración: 0,05 puntos.
    • Os cursos cunha duración inferior a 10 horas ou nos que non se especifique a súa duración non serán computados.

2.4. EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

  • PRIMEIRO EXERCICIO (OBRIGATORIO E ELIMINATORIO) Consistirá en responder por escrito a un TEST de 20 preguntas, con respostas alternativas propostas polo tribunal e que se corresponderán co contido do programa. O tempo de realización do exercicio será de 20 minutos.
  • SEGUNDO EXERCICIO (OBRIGATORIO E ELIMINATORIO) Consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado co contido do programa no tempo que estableza o tribunal para o efecto.

2.5. PROGRAMA DA CONVOCATORIA

  1. Programas de desenvolvemento local e emprego en Galicia.
  2. Linguaxes de interrogación de bases de datos. Estándar ANSI SQL. Estándares de conectividade: ODBC e JDBC. Tecnoloxía ADO.NET.
  3. Administración de bases de datos. Funcións e responsabilidades. Administración de datos.

Pontevedra, 27 de maio de 2008
O SECRETARIO
Carlos Cuadrdo Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 06/06/08, número 109, páxina 24, anuncio 2008005962.

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/07/2008 11:40
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/