[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 17 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Contratación laboral por obra ou servizo determinado de persoal diverso "Proxecto Mobilia”

Bases xerais | 1 posto xerente | Técnico informática e administración Responsables de formación | Modelo de solicitude
Ampliación prazo formador soldadura
Listado provisional admitidos

Bases específicas
Responsables de formación

3.1. NÚMERO DE POSTOS E CARÁCTERÍSTICAS

  • DENOMINACIÓN: convócanse dous postos de FORMADORES, un en SOLDADURA e outro en CARPINTERÍA DE MADEIRA, baixo a modalidade contractual laboral “por obra ou servizo determinado”.
  • FUNCIÓNS
    • Posta en marcha das accións de formación.
    • Impartir módulos formativos segundo os certificados de profesionalidade correspondentes.
    • Aplicación das medidas concretas de igualdade de oportunidades á totalidade do proxecto.
    • Realización de tarefas de seguimento e acompañamento individualizado nas tarefas de formación.
    • Avaliación de todos os procesos relacionados coa formación e a igualdade de oportunidades.
    • Calquera outra función de análoga natureza relacionada co contido do posto de traballo.
  • RETRIBUCIÓNS: a retribución anual bruta de cada un destes postos de traballo, equiparados a un posto base grupo D, nivel 16, de conformidade co establecido no I convenio colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra será de 17.287,87 €

3.2. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Ademais das condicións xerais sinaladas na base terceira das bases xerai os aspirantes deberán posuír o título de Graduado escolar, FP-1 ou equivalente.

3.3. BAREMO DE MÉRITOS

  1. Experiencia profesional
    • Por servizos prestados na Administración pública, en postos de traballo de igual categoría profesional ó convocado, relacionados cos postos de traballo convocados:
      • 0,20 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 3,00 (tres) puntos.
    • Por acreditar experiencia laboral na Administración pública en tarefas relacionadas co contido dos postos:
      • 0,10 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 1,00 (un) punto.
    A experiencia deberá acreditarse mediante certificación de servizos prestados expedida pola administración na que prestase servizos, na que se faga constar o posto de traballo desempeñado e o período total traballado expresado en anos, meses e días.
  2. Cursos
    • Por ter asistido a cursos de formación e perfeccionamento impartidos en centros oficiais, colexios oficiais ou escolas da Administración pública relacionados co posto ó que se opta (incluídos cursos de informática e galego, ata un máximo de 2,00 (2) puntos, que se computarán da seguinte forma:
      • Por cada curso de máis de 60 horas de duración: 0,20 puntos.
      • Por cada curso de entre 30 a 59 horas de duración: 0,10 puntos.
      • Por cada curso de entre 10 a 29 horas de duración: 0,05 puntos.
    • Os cursos cunha duración inferior a 10 horas ou nos que non se especifique a súa duración non serán computados.

3.4.- ENTREVISTA PERSOAL
Terá lugar unha vez finalizada a fase de valoración dos méritos, na que o tribunal formulará cantas preguntas considere oportunas, sobre aspectos relacionados co desempeño dos postos obxecto destas contratacións, a fin de determinar a súa idoneidade e na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular.

Será valorada entre (0,00) cero e (5,00) cinco puntos.

Pontevedra, 27 de maio de 2008
O SECRETARIO
Carlos Cuadrdo Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 06/06/08, número 109, páxina 26, anuncio 2008005962.

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/07/2008 11:40
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/