Deputación de Pontevedra
Contratación laboral para a formación de 24 alumnos para o Proxecto MOBILIA
12 ALUMNOS PARA O MÓDULO DE CARPINTERÍA DE MADEIRA
1.— CARÁCTERÍSTICAS
- DENOMINACIÓN: convócanse 12 postos de alumnos para o módulo de carpintería de madeira, vinculados ó proxecto MOBILIA, baixo a modalidade contractual laboral “para a formación”.
- RETRIBUCIÓNS: a retribución mensual bruta de cada posto de traballo, equiparado a un posto base grupo E, nivel 13, de conformidade co establecido no I Convenio colectivo para persoal laboral da Deputación será de 1.292,81 €.
2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán reunir as condicións xerais sinaladas na base terceira das bases xerais.
ENTREVISTA PERSOAL
O tribunal formulará cantas preguntas considere oportunas sobre aspectos relacionados co desempeño dos postos obxecto destas contratacións a fin de determinar a súa idoneidade e na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular.
Será valorada entre cero (0,00) e cinco (5,00) puntos.
Pontevedra, 5 de xuño de 2008
O SECRETARIO Carlos Cuadrado Romay |
|
|