DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Actuacións

O Servizo Técnico de Patrimonio Documental desenvolve actuacións de información e asistencia técnica permanente ós concellos da provincia en materia de patrimonio documental coa triple finalidade de:

  • Asegurar e favorecer a conservación desta notable parte do patrimonio cultural.
  • Estimular e permitir o uso axeitado tanto por parte das entidades locais no seu funcionamento diario coma por parte dos cidadáns e dos investigadores en particular cando é do seu interese.
  • Mediante a publicación dos seus inventarios someros e coa posta a disposición dos interesados, no propio arquivo da Deputación Provincial, da totalidade dos instrumentos de descrición elaborados nas diferentes actuacións.
  • Convenios de colaboración con outras administracións na procura da custodia, protección e tratamento técnico do patrimonio provincial.

    Nesta liña de coordinación e colaboración desenvólvese, ó mesmo tempo, unha serie de traballos en colaboración directa coa Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, entre as que destaca a coordinación e dirección técnica de bolseiros destinados por esta á organización de arquivos municipais, ou á sinatura de convenios para a dotación de instalacións e equipamentos en materia de arquivos.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/