DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Historia da Deputación

A Deputación de Pontevedra créase a partir do decreto de setembro de 1835. Na acta do 12 de febreiro de 1836 recóllese o seu nacemento co fin de promover a prosperidade da provincia.

Pontevedra é a menor das catro provincias galegas, recibindo a súa capital o mesmo nome. Conta coa poboación relativa maior de toda Galicia, repartida entre os 62 concellos que a forman, cos que a Deputación colabora na acción municipal, así como de intermediaria entre as administracións central e local.

Desde 1836 as funcións da Deputación repártense entre tres accións: administrativa, económica e técnica, todas e cada unha delas necesarias para que esta institución de carácter público acade o bo goberno económico e político da provincia. Tendo a súa base electoral nos trece partidos xudiciais existentes na actualidade, agrupados nas sete xuntas electorais.

En relación co aspecto económico non contou sempre cos medios oportunos ó longo da súa historia para facerse cargo da administración provincial, pero non por esto deixou que labores emprendidos durante case xa cento setenta anos se fixeran realidade.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/