DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Proxecto Aquelando

O proxecto AQUELANDO, iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra dentro do Servizo de Acción Social, subvencionada polo Fondo Social Europeo no marco da Subvención Global a través do Ministerio de Administracións Públicas

O obxectivo do PROXECTO AQUELANDO é ofrecerlles ás persoas demandantes de emprego da provincia de Pontevedra que non estean empadroadas no Concello de Vigo nin de Pontevedra ámbitos onde se levan a cabo proxectos específicos de similares características, unha oportunidade de práctica laboral acompañada da formación adecuada, a través de diferentes itinerarios de inserción.

OBXECTIVOS

  • Establecer itinerarios personalizados segundo as necesidades individuais
  • Mellorar o nivel de ocupabilidade e a capacidade de adaptación sociolaboral dos colectivos en risco de exclusión social
  • Capacitar profesionalmente no sector de servizos a persoas
  • Fomentar a adaptación sociolaboral de persoas con distintos factores de desigualdade no acceso ao mercado laboral
  • Fomentar redes de cooperación social entre persoas con risco de exclusión.

ITINERARIOS DE INSERCIÓN LABORAL RELACIONADOS CO SECTOR DE ATENCIÓN A PERSOAS, PARA DEMANDANTES DE EMPREGO

BENEFICIARIOS/AS: persoas desempregadas da provincia de Pontevedra, inscritas no Servizo Público de Emprego interesadas en capacitarse e inserirse laboralmente en servizos de atención a persoas.

ITINERARIOS DE INSERCIÓN LABORAL PARA DEMANDANTES DE EMPREGO CON ESPECIAIS DIFICULTADES PARA A SÚA INSERCIÓN NO MERCADO LABORAL

BENEFICIARIOS/AS: persoas demandantes de emprego de Pontevedra con especiais dificultades para a súa inserción no mercado de traballo (entre outras, persoas afectadas por unha discapacidade física, psíquica ou sensorial; persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico; persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social tales como extoxicómanos/as, exreclusos/as, etc.; persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias na sociedade; inmigrantes; emigrantes retornados/as; desempregados de longa duración) que queiran capacitarse e inserirse laboralmente.

BOLSAS DE FORMACIÓN
Os desempregados que participen nos módulos de práctica laboral e formación previstos no proxecto poderán ser perceptores de axudas por unha contía mensual non superior ao 75% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). Estas axudas serán incompatibles coa percepción da prestación por subsidio por desemprego así como con outras axudas públicas para a mesma finalidade.

INFORMACIÓN
As persoas interesadas en participar que cumpran o perfil indicado deberán poñerse en contacto co equipo técnico do proxecto en:

PROXECTO AQUELANDO
Deputación de Pontevedra
Cidade Infantil Príncipe Felipe Avda. de Montecelo núm. 12, C.P. 36161
Telf.: 986 804 135 Ext.: 488 / 986 804 170
Fax.: 986 843 662
Email: aquelando@depo.es
Web: aquelando.depontevedra.es


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/