DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA |
http://www.depontevedra.es/ |
||
Deputación de Pontevedra Instrucións reguladoras para a concesión de axudas individuais para as persoas usuarias na participación das accións do proxecto Aquelando
1.— FINALIDADE 2.— TIPO DE AXUDA 3.— PRINCIPIO DA XESTIÓN DAS AXUDAS
4.— PERSOAS BENEFICIARIAS
5.— REQUISITOS PARA ACCEDER ÁS AXUDAS
E FORMA DE ACREDITALOS
As persoas emigrantes retornadas haberán de residir legalmente en España. Esta condición acreditarase mediante o DNI, a baixa consular ou o certificado de emigrante retornado/a. As persoas inmigrantes terán que estar en situación regular en España. Achegarán o número de identidade de estranxeiros/as (NIE) e, como mínimo, a autorización de residencia legal en España. As persoas con especiais dificultades para obter un emprego, valorarase o acompañamento dun Informe do Servizo Público de Emprego ou de entidades que traballen na inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social. As persoas que padezan algunha minusvalía, acompañar do Certificado de Minusvalía, debidamente actualizado, expedido polo órgano competente.
6.— CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DA
AXUDA A dita axuda ten carácter compensatorio e non retributiva e para a súa concesión non hai necesidade de afiliarse ó réxime da seguridade social. Establecéndose:
7.— ALCANCE E DETERMINACIÓN DO IMPORTE DAS AXUDAS
8.— PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN 8.1 Presentación As solicitudes presentaranse conforme ó modelo establecido como Anexo I asinado polo/a solicitante, no momento que a persoa sexa seleccionada para a súa inclusión no proxecto, nas dependencias de Proxecto Aquelando Cidade Infantil Príncipe Felipe, Avda. de Montecelo,12 - 36161 Pontevedra e en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992 de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 8.2 Prazo de presentación O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o día seguinte da publicación destas instrucións no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra con suxeición ás dispoñibilidades orzamentarias do proxecto Aquelando. E rematará cando finalice o proceso de formación e prácticas profesionais dos usuarios nas entidades correspondentes. Sen prexuízo do anterior, poderase admitir novas solicitudes fóra de prazo por causas debidamente xustificadas. 8.3 Tramitación das solicitudes As solicitudes da bolsa de formación tramitaranse a través do Equipo Técnico do proxecto quen recompilará a totalidade de solicitudes presentadas na forma prevista no punto 8.1 e examinaraas para se asegurar de que estean debidamente cubertas e de que acompañan toda a documentación necesaria. Así mesmo, recibirá os documentos de control de asistencia que achegarán as entidades responsables da execución de cada unha das accións do itinerario ás que alcanzan as axudas obxecto destas instrucións. A continuación comprobará o cumprimento dos requisitos propios da axuda a efectos de realizar o pagamento das peticións de axudas mensuais. No caso de que a solicitude non estivera debidamente cumprimentada ou non se achegara a totalidade da documentación esixida, o Equipo Técnico requirirá ás persoas solicitantes para que emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos nun prazo máximo de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ó da recepción do requirimento, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, coa indicación de que, se así non o fixesen, teríanse por desistidos/as das súa petición, despois de resolución, que deberá de ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei. 8.4 Resolución A competencia para resolver as solicitudes de axudas individuais recollidas nestas instrucións corresponderá ó Xerente do Proxecto Aquelando e ó Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, a proposta do Equipo Técnico do proxecto e logo do exame polos órganos de xestión económica-financeira respectivos, conforme ó establecido no procedemento de autorización de gastos. A resolución ten que ser motivada, podendo aprobar a solicitude de axuda na contía proposta ou denegala na súa totalidade, segundo as incompatibilidades establecidas no punto 6. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa. 8.5 Forma de pago O pago das solicitudes que sexan aprobadas efectuarase mediante ingreso bancario no momento que o equipo técnico reciba e comprobe os documentos de control de asistencia ás accións de formación. 9.— REVOGACIÓN DAS AXUDAS Enténdese que existen faltas continuadas cando estas acaden o 25% das horas lectivas previstas nos cursos dos itinerarios integrais ou nas prácticas laborais nas que participe cada beneficiario/a. 10.— OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
E INCOMPATIBILIDADE DAS AXUDAS Con esta finalidade, deberán de presentar unha declaración das axudas que teña solicitadas ou que estean a percibir conforme ó modelo que se achega como Anexo II para poder verificar a compatibilidade ou incompatibilidade destas seguindo o establecido no punto 6 das presentes instrucións reguladoras. 11.— LIMITACIÓN DAS AXUDAS As axudas aboaranse ata o esgotamento do orzamento existente seguindo a orde cronolóxica das actuacións dos itinerarios prevista na memoria do proxecto.
Boletín Oficial da Provincia, data 18/08/06, número 158, páxina 17, anuncio 2006007715.
|
|||
Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124 http://www.depontevedra.es/ |