DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

O local

Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha edificación tradicional en pedra, de considerables dimensións, con baixo e planta e situada a carón da estrada N-550, que vai de Santiago a Tui e do río Umia. En todo caso o paso do tempo, a súa propia configuración e disposición motivan non poucas carencias entre as que se pode mencionar un espacio suficiente e axeitado para a conservación documental.

Logo da última actuación e tentando resolver a medio prazo o problema espacial que se viña arrastrando, o espazo dedicado a arquivo municipal ocupa a parte posterior do claustro central do edificio, distribuído en catro salas que rodean a pequena capela existente. Son algo máis de oitenta metros cadrados en total, con ventilación e iluminación natural suficiente; nestes locais instaláronse estantes metálicas para a disposición da totalidade da documentación conservada.

Conta ademais o local con mesa de consulta e traballo, ordenador e ficheiro metálico para os instrumentos de descrición e aparatos deshumidificadores para a regulación da humidade ambiental.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/