DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 3.297 unidades de instalación, con testemuños documentais que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1837 ata o 2016.

A pesar de que a maior parte da documentación corresponde ó século vinte aínda se aprecia un elevado volume documental do dezanove, con documentos ben conservados, entre os que destacan os libro de actas do Pleno dende 1836 ou as actas do partido xudicial dende 1854 ata 1953.

Naquela documentación máis actual sobresae principalmente a derivada da xestión e control urbanístico, das obras propias e dos particulares e sobre todo do control presupostario, dende 1870, e da xestión tributaria.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, conta cunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 25.792 rexistros diferentes.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/