DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Deputación de Pontevedra

Seminario de xeración e maduración de ideas

A Deputación de Pontevedra, a través da Axencia de Desenvolvemento Local e en colaboración con BIC Galicia, organiza un SEMINARIO DE GENERACIÓN Y MADURACIÓN DE IDEAS, gratuíto e de 15 horas de duración, que terá lugar os días 10, 17 e 24 de setembro en horario de 09 a 14 horas na Cidade Infantil Príncipe Felipe, avda de Montecelo nº12, en Pontevedra.

O obxectivo deste seminario é que o asistente poda xenerar, madurar e evaluar unha idea de negocio; pretende:

  • Xerar ideas.
  • Madurar ideas para convertilas en ideas empresariais.
  • Realizar unha primeira aproximación á viabilidade económica do proxecto e do seu potencial como proxecto de empresa.

Está dirixido a persoas (emprendedores, desempregados, traballadores en activo, estudantes), coa motivación e predisposición necesaria como para xerar ideas empresariais.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 5 de setembro. Os interesados poden inscribirse chamando o teléfono 986 80 41 35 (ext 487) ou ben enviando un correo electrónico cos seus datos a adl@deputacion.depontevedra.es




Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/