DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

O local

Inicialmente o arquivo ocupaba a ala dereita da planta superior da casa do concello a carón do salón de sesións, nun espacio rectangular con algo máis de 30 metros cadrados que se amosaba claramente insuficiente para a instalación da documentación que se producía; estaba dotado de estanterías metálicas e mesa de consulta.

Con posterioridade o Concello acorda o traslado á casa de cultura dos fondos documentais custodiados no arquivo, acondicionando a tal fin unha das súas salas, na parte dereita da planta baixa, anexo ó salón de actos.

Este local actual ten unha superficie total aproximada de sesenta metros cadrados, con dez metros de longo e seis metros de ancho. Nel instalouse un sistema de estantería compactada que xa resultou insuficiente para o almacenamento da totalidade da documentación transferida ó arquivo.

No último proceso de incorporación documental se habilitó una sala en la primera planta de la casa de cultura para su uso como depósito documental, instalándose en ella estantería metálica, tal y como se refleja en el plano.

Dispoñen estos locais dunhas axeitadas condicións de habitabilidade, ventilación e iluminación, con aparato deshumidificador, mesa de consulta, ordenador e ficheiro.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/