DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Funcións

Descrición | Servizos | Funcións | Taxas
Matrícula | Solicitude reserva de praza

Proxección social do centro na zona

A Escola Infantil de 0 a 3 anos da Deputación de Pontevedra constitúe un servizo público educativo para a primeira infancia, cumpre unha función social e educativa, proporcionándolles aos seus usuarios unha atención integral sen distinción de raza, sexo, ou condición social, a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos e nenas.

Pretende cooperar cos pais, nais e representantes legais co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e conseguir unha mellor integración entre o centro e as familias.

Relación coas familias

O papel dos pais no desenvolvemento de aprendizaxes temperás é primordial nun ambiente familiar rico en estímulos educativos e a mellor base para unha educación de calidade.

A influencia da vida familiar afecta enormemente ao desenvolvemento do menor. Os nenos que teñen fortes apoios familiares presentan mellor capacidade de adaptación, de solución de problemas, de aprendizaxe, unha mellor e máis alta calidade de xogo, unha mellor competencia social nas relacións entre iguais. Esta influencia esixe por parte dos pais/nais non so atoparse fisicamente presentes, senón establecer un intercambio educativo. Neste contexto o xogo compartido resulta fundamental porque lles ofrece aos pais e aos fillos unha forma de estar xuntos gratificante e educativa.

Unha das características actuais da vida familiar é a gran cantidade de ocupacións e preocupacións que fan difícil gozar da convivencia na casa. Por esta razón, a relación entre os profesores e os pais ten que ser frecuente, de forma que se lles poida prestar un asesoramento educativo de calidade.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/