DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Deputación de Pontevedra

Contratación laboral de diverso persoal
“Proxecto CIDIR-EIEL "

Bases xerais | 1 posto licenciado Xeografía | 2 analistas de datos | 2 enxeñeiros técnicos topógrafos | 1 enxeñeiro técnico informática
1 técnico de análises de datos | Modelo de solicitude | Corrección de erros
Lista provisional de admitidos | Tribunais e datas do 1º exercicio

Dous postos de enxeñeiro ténico en topografía

3.1. CARÁCTERÍSTICAS

  • Denominación: convócanse dous postos de Enxeñeiros Técnicos en Topografía, baixo a modalidade contractual laboral “por obra ou servizo determinado”.
  • Funcións: a título enunciativo e non taxativo realizarán todas aquelas tarefas especificadas na cláusula primeira 4) das bases xerais, así como o apoio necesario ó persoal técnico superior.
  • Retribucións: a retribución bruta de dito posto de traballo, para un período de catro meses, equiparado a un posto base grupo B, nivel 22, de conformidade co establecido no I convenio colectivo para persoal laboral da Deputación será de 8.594,89 € .

3.2. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Ademais das condicións xerais sinaladas na base terceira das bases xerais os aspirantes deberán posuír titulación universitaria media.

3.3. BAREMO DE MÉRITOS

  1. Experiencia profesional
    • Por servizos prestados na Administración pública, en postos de traballo de igual categoría profesional ó convocado, relacionados co posto a desempeñar:
      • 0,20 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 3,00 (tres) puntos.
    • Por acreditar experiencia laboral na Administración pública en tarefas relacionadas co contido do posto:
      • 0,10 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 1,00 (un) punto.

    A experiencia deberá acreditarse mediante certificación de servizos prestados expedida pola administración na que prestase servizos, na que se faga constar o posto de traballo desempeñado e o período total traballado expresado en anos, meses e días.

  2. Méritos académicos:
    • Titulo de licenciado universitario: 0,75 puntos.
    • Cursos de posgrao relacionados co contido do posto de traballo cunha duración superior a 150 horas: 0,50 puntos por curso, ata un máximo de 1,50 puntos.
  3. Cursos:
    • Por ter asistido a cursos de formación e perfeccionamento impartidos en centros oficiais, colexios oficiais ou escolas da Administración pública relacionados co posto ó que se opta (incluídos cursos de informática e galego, ata un máximo de 2,00 (2) puntos, que se computarán da seguinte forma:
    • Por cada curso de máis de 60 horas de duración: 0,20 puntos.
    • Por cada curso entre 30 a 59 horas de duración: 0,10 puntos.
    • Por cada curso entre 10 a 29 horas de duración: 0,05 puntos.
    • Os cursos de duración inferior a 10 horas ou nos que non se especifique a súa duración non serán computados.

3.4. EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

PRIMEIRO EXERCICIO
(OBRIGATORIO E ELIMINATORIO)

Consistirá en responder por escrito a un Test de 25 preguntas, con respostas alternativas propostas polo tribunal e que se corresponderán co contido do programa. O tempo de realización do exercicio será de 25 minutos.

SEGUNDO EXERCICIO
(OBRIGATORIO E ELIMINATORIO)

Consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado co contido do programa no tempo que estableza o tribunal para o efecto.

3.5. PROGRAMA DA CONVOCATORIA

  • Tema 1. Cartografía e Xeodesia.
  • Tema 2. Os sistemas de información xeográfica.
  • Tema 3. Os programas SIG dispoñibles.
  • Tema 4. A análise xeográfica en España.
  • Tema 5. A enquisa de infraestruturas e equipamentos locais EIEL.

Pontevedra, 27 de maio de 2008
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 02/06/08, número 105, páxina 18, anuncio 2008005731.

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/