DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Deputación de Pontevedra

Contratación laboral de diverso persoal
“Proxecto CIDIR-EIEL "

Bases xerais | 1 posto licenciado Xeografía | 2 analistas de datos | 2 enxeñeiros técnicos topógrafos | 1 enxeñeiro técnico informática
1 técnico de análises de datos | Modelo de solicitude | Corrección de erros
Lista provisional de admitidos | Tribunais e datas do 1º exercicio

1 posto de enxeñeiro técnico en informática

4.1. NÚMERO DE POSTOS E CARÁCTERÍSTICAS

  • Denominación: convócase un posto de Enxeñeiro Técnico en Informática, baixo a modalidade contractual laboral “por obra ou servizo determinado”.
  • Funcións: a título enunciativo e non taxativo realizará as funcións de xestión e o apoio informático necesario ós técnicos superiores e medios contratados para este proxecto e que se describen na cláusula primeira, apartado 4) das bases xerais.
  • Retribucións: a retribución bruta do dito posto de traballo, para un período de catro meses, equiparado a un posto base grupo B, nivel 22, de conformidade co establecido no I convenio colectivo para persoal laboral da Deputación será de 8.594,89 €.

4.2. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Ademais das condicións xerais sinaladas na base terceira das bases xerais os aspirantes deberán posuír titulación universitaria media en Informática, con especialidade en Informática de Sistemas.

4.3. BAREMO DE MÉRITOS

  1. Experiencia profesional
    • Por servizos prestados na Administración pública, en postos de traballo de igual categoría profesional ó convocado, relacionados co posto a desempeñar:
      • 0,20 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 3,00 (tres) puntos.
    • Por acreditar experiencia laboral na Administración pública en tarefas relacionadas co contido do posto:
      • 0,10 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 1,00 (un) punto.

    A experiencia deberá acreditarse mediante certificación de servizos prestados expedida pola administración na que prestase servizos, na que se faga constar o posto de traballo desempeñado e o período total traballado expresado en anos, meses e días.

  2. Méritos académicos
    • Titulo de licenciado universitario: 0,75 puntos.
    • Cursos de posgrao relacionados co contido do posto de traballo cunha duración superior a 150 horas: 0,50 puntos por curso, ata un máximo de 1,50 puntos.
  3. Cursos:
    • Por ter asistido a cursos de formación e perfeccionamento impartidos en centros oficiais, colexios oficiais ou escolas da Administración pública relacionados co posto ó que se opta (incluídos cursos de informática e galego, ata un máximo de 2,00 (2) puntos, que se computarán da seguinte forma:
    • Por cada curso de máis de 60 horas de duración: 0,20 puntos.
    • Por cada curso entre 30 a 59 horas de duración: 0,10 puntos.
    • Por cada curso entre 10 a 29 horas de duración: 0,05 puntos.
    • Os cursos cunha duración inferior a 10 horas ou nos que non se especifique a súa duración non serán computados.

4.4. EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

PRIMEIRO EXERCICIO
(OBRIGATORIO E ELIMINATORIO)

Consistirá en responder por escrito a un Test de 25 preguntas, con respostas alternativas propostas polo tribunal, que se corresponderán co contido do programa. O tempo de realización do exercicio será de 25 minutos.

SEGUNDO EXERCICIO
(OBRIGATORIO E ELIMINATORIO)

Consistirá na resolución dun suposto práctico no que se demostren a experiencia e destreza en tarefas relacionadas co contido dos postos, no tempo que marque o tribunal para o efecto.

4.5. PROGRAMA DA CONVOCATORIA

  • Tema 1. Conceptos de informática. Equipo informático. Definición. Compoñentes. Elementos do ordenador: definición e utilidades. Periféricos: definición, funcións e características.
  • Tema 2. Administración de sistemas. Administración e seguridade en redes LAN. Protocolo TCP/IP. Administración de redes baixo Windows 2000/2003 Server e baixo Linux. Servizos de Internet/ Intranet baixo Windows 2000/2003 Server e baixo Linux. Servidores IIS, Apache.
  • Tema 3. Programación e desenvolvemento de aplicacións. Desenvolvemento de software orientado a obxectos. Ferramentas visuais. ASP. PHP.Java. Procedementos de proba sistemática. Implantación e mantemento de software. Aplicacións cliente/servidor.
  • Tema 4. Utilización de librerías para Java, PHP e C# de servidores de mapas. GeoTools, JTS, UMN Map Server, GeoServer,…
  • Tema 5. CatMDedit: Creación e edición de metadatos.
  • Tema 6. Servidores de base de datos. MySQL. PostgreSQL. PostGIS.
  • Tema 7. O proxecto Geopista – LocalGis. Ferramentas informáticas GIS. Aplicacións GIS. GPS e Geolocalización.
  • Tema 8. A seguridade da información. Restrición de accesos. Niveis de seguridade. Contrasinais.

Pontevedra, 27 de maio de 2008
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 02/06/08, número 105, páxina 19, anuncio 2008005731.

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/