DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Deputación de Pontevedra

Contratación laboral temporal de diverso persoal con destino ao Organismo Autónomo Museo provincial

Bases | Modelo de solicitude | Resolución listas
Anexo I (Lista de admitidos e excluidos)
Lugar e data das seleccións | Lista definitiva admitidos

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte RESOLUCIÓN:

De conformidade co establecido no art. 34.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, RESOLVO aproba-la presente Convocatoria para para a contratación laboral eventual por Circunstancias da Produción, de diverso persoal con destino ao Organismo Autónomo Museo Provincial, que se rexerá polas seguintes

B A S E S

1.— OBXECTO E PRINCIPIOS RECTORES

  • 1.1.- Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral eventual por Circunstancias da Produción, do persoal que se detalla a continuación, pola acumulación de tarefas no período de verán, derivadas da afluencia de visitantes nesta época do ano e ao remate do tempo máximo dalgunhas contratacións, de xeito que se atenda suficientemente o servizo que se presta aos cidadáns:

    Persoal a contratar:

    • Dous Subalternos/as.
    • Dous Catalogadores/as de Biblioteca.
    • Catro Auxiliares Técnicos de Gabinete Didáctico.
  • 1.2.- Estas contratacións formalízaranse de conformidade co disposto no artigo 3 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, artigo 15 do Real Decreto Legislativo 1/1995 de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial de Pontevedra.
  • 1.3.- De conformidade co disposto no artigo 55 da Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, en adiante EBEP, artigo 9.2 da Lei 13/2007 de 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988 de 26 de maio da función pública de Galicia e demais disposicións de concordante aplicación, as bases que rexen a presente convocatoria respectarán os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade, transparencia, imparcialidade e transparencia dos órganos de selección. Respecto a estes últimos, independencia e discrecionalidade técnica na súa actuación. Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas a desenvolver. Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, así como paridade entre home e muller cando proceda e igualdade de oportunidades entre sexos.

2.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Con carácter xeral, para poder participar nestes procesos selectivos, deberán reunir requerimentos xerais esixidos no artigo 56 da Lei 7/2007 de 12 de abril, do EBEP, en particular:

  • Ter a nacionalidade española, coa salvidade establecida no artigo 57.4 do EBEP (acceso ao emprego de nacionais doutros estados).
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
  • Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de cualquera das Administraciones Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, no atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Poseer a titulación esixida;
    • SUBALTERNOS/AS: Estar en posesión do título de Graduado en Educación Segundaria Obrigatoria, Certificado de Escolaridade, ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
    • CATALOGADORES/AS DE BIBLIOTECA: Estar en posesión do título de Diplomado/a Universitario/a en Biblioteconomía e Documentación, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
    • AUXILIARES TÉCNICOS DE GABINETE DIDÁCTICO: Estar en posesión do título de Bachiller Superior ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias. Todo-los requisitos enumerados nos apartados anteriores deberán posuírse no momento de rematar o prazo de admisión de solicitudes e mantelos, a lo menos, ata o intre da formalización do contrato.

3.— CONDICIÓNS DOS POSTOS OFERTADOS

  • Dous Subalternos/as.
  • Dous Catalogadores/as de Biblioteca.
  • Catro Auxiliares Técnicos de Gabinete Didáctico.
  • 3.1. Dous (2) Subalternos:
    • Período Contractual: 16/07/2008 á 31/12/2008.
    • Xornada Laboral: 37,50 horas e media semanas.
    • Retribución Mensual Bruta: 1.287,09 €, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
  • 3.2. Dous (2) Catalogadores/as de Biblioteca:
    • Período Contractual: 16/07/2008 á 31/12/2008.
    • Xornada Laboral: 37,50 horas e media semanas.
    • Retribución Mensual Bruta: 2.107,44 €, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
  • 3.3. Catro (4) Auxiliares Técnicos de Gabinete Didáctico:
    • Período Contractual: 16/07/2008 á 31/12/2008.
    • Xornada Laboral: 37,50 horas e media semanas.
    • Retribución Mensual Bruta: 1.696,44 €, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

As condicións laborais deste persoal rexeranse polo disposto no I Convenio colectivo para persoal laboral da Deputación provincial de Pontevedra, e supletoriamente polo disposto no estatuto dos Traballadores.

4.— SOLICITUDES

  • 4.1. Para poder participar na presente convocatoria, os/as aspirantes deberán presentar unha instancia, no modelo que se adxunta como Anexo 1 , dirixidas ao Sr. Presidente da Diputación Provincial.

    Na mesma constarán os datos personais do solicitante, domicilio e denominación do posto de traballo ao que opta, adxuntando fotocopia autenticada do documento nacional de identidade e demais documentación esixida nas Bases.

  • 4.2. Deberán manifestar nas súas solicitudes que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data na que remate o prazo de presentación de instancias, mediante declaración xurada.
  • 4.3. O modelo será facilitado aos aspirantes no Rexistro Xeral da Diputación Provincial.
  • 4.4. Os que estean interesados nestas contratacións laboais temporais, deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral desta Deputación, no prazo de cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta oferta no Boletín Oficial desta Provincia.
  • 4.5. Á solicitude acompañarase a seguinte documentación:
    • Fotocopia do DNI por ámbolos dous lados, debidamente compulsada.
    • Fotocopia compulsada da Titulación esixida.
    • Acreditación de ter ingresada na Tesourería da Deputación Provincial ou na conta bancaria de Caixanova nº 2080 0401 68 0040106618, a cantidade fixada como dereitos de exame.
  • 4.6. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, ou polo procedemento establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, en adiante LRXPAC.

    As solicitudes que se presenten a través das oficinas de Correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario/a de Correos antes de ser certificadas.

    Cando as solicitudes non se presenten no Rexistro Xeral da Diputación Provincial, os aspirantes deberán adiantar a copia da solicitude, debidamente selada dirixidas ao Servizo de Recursos Humáns e Formación da Diputación Provincial de Pontevedra, no seguinte número de fax: 986-804141.

  • 4.7- Os datos que figuren na solicitude vinculan aos/ás aspirantes, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán corrixirse en calquera momento, ben de oficio ou a instancia de parte.

5.— DEREITOS DE EXAME

  • 5.1.- Será requirimento necesario para participar nestes procesos selectivos aboar os seguintes dereitos de exame e os gastos de tramitación que, se é o caso, determine a entidade bancaria, que poderán ingresarse directamente na Tesourería da Deputación ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á Deputación de Pontevedra. Número de Conta: Caixanova 2080 0401 68 0040106618.

    Se o ingreso non se fai directamente na Tesourería provincial o/a solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou transferencia e o número de resgardo.

  • 5.2.- Importes: ………………………………… 10,00 €
  • 5.3.- En ningún caso a presentación da documentación descrita nos apartados anteriores substituirá o trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.
  • 5.4.- Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, circunstancia que haberá que acreditar documentalmente, mediante orixinal ou fotocopia compulsada.
  • 5.5.- Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ós interesados/as que sexan excluídos definitivamente das listas de admitidos.

6.— ADMISIÓN DE ASPIRANTES

  • 6.1.- Rematado o prazo de presentación de instancias o Presidente ditará Resolución declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, se é o caso, os motivos de exclusión, que se publicarán no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra o día (4) catro de xullo.
  • 6.2.- O aspirantes excluídos poderán emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión dende a data de publicación da listaxe de admitidos e excluídos, rematando o prazo o (7) sete de Xullo, inclusive.

    No caso de que se producisen reclamacións deberá ditarse unha nova Resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación definitiva da lista de admitidos no taboleiro de anuncios.

  • 6.3.- Contra a dita Resolución poderase interpor un recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación (artigos 107 e 117 da LRXPAC), ou ben recurso contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
  • 6.4.- O feito de figurar incluído/a na relación de admitidos/as, non supón que se lles recoñeza aos aspirantes que posúan os requerimentos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que superen o proceso selectivo.

7.— TRIBUNAL CALIFICADOR

  • 7.1.- O Tribunal quedará integrado polos seguintes membros:

    Presidente: Titular: D. Carlos Valle Pérez, Director do Museo de Pontevedra
    Suplente: D. Antonio Santos Guerra, Xefe de Servizo de Cultura e Deportes.
    Secretario: Titular: Dª. Mª Xesús Torres Peón, Xefe de Servizo de Recursos Humáns e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra.
    Suplente: Dª. Sonia Mateos Escudero, Directora de Xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe.
    Vocais: Titular: D. Xosé Fuentes Allende, Secretario do Museo de Pontevedra.
    Suplente: D. Bernardo Sartier Boubeta, Xefe de Servizo da Asesoría Xurídica da Deputación Provincial de Pontevedra.


  • 7.2.- Serán aplicables as causas de abstención e recusación previstas nos artigos 28 e 29 da LRXPAC, así como cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
  • 7.3- O tribunal constituirase na data que designe o presidente, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros de cada Tribunal, titulares ou suplentes.
  • 7.4.- En canto ó réxime de funcionamento estarase ó disposto na LRXPAC e ás bases xerais e específicas da presente convocatoria.
  • 7.5.- En caso de ausencia do presidente titular ou suplente actuará no seu lugar o membro designado en primeira orde.
  • 7.6.- Os membros do tribunal e, se é o caso, os asesores técnicos que asistan ás sesións percibirán os importes que correspondan de acordo coas contías establecidas no Real decreto 462/2002 de 24 de maio de indemnizacións por razón do servizo.

8.— SISTEMA DE SELECCIÓN
O sistema de selección constará dunha “Entrevista Persoal”, na que o Tribunal formulará cantas preguntas considere oportunas, sobre aspectos relacionados co desempeño dos postos obxecto destas contratacións, a fin de determina-la súa idoneidade e na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular.

A mesma será valorada de cero (0,00) a cinco (5,00) puntos.

9.— DATAS DE CELEBRACIÓN DA ENTREVISTA

  • 9.1. POSTO DE SUBALTERNO
    • A Entrevista terá lugar o día (10) dez de xullo, ás 9:00 horas, no Pazo Provincial.
    • Os aspirantes convocaranse para a realización da entrevista nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os aspirantes que non comparezan.
    • Deberán presentarse provistos do D.N.I. ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do Tribunal, e Certificado da Vida Laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
    • Rematada a entrevista, o Tribunal fará público, no taboleiro de anuncios do pazo Provincial a relación de aspirantes que a superaron. Os aspirantes non incluídos na lista terán a consideración de “non aptos”.
  • 9.2. POSTO DE AUXILIAR TÉCNICO GABINETE DIDÁCTICO:
    • A Entrevista terá lugar o día (10) dez de xullo, ás 11:00 horas, no Pazo Provincial.
    • Os aspirantes convocaranse para a realización da entrevista nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os aspirantes que non comparezan.
    • Deberán presentarse provistos do D.N.I. ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do Tribunal, e Certificado da Vida Laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
    • Rematada a entrevista, o Tribunal fará público, no taboleiro de anuncios do pazo Provincial a relación de aspirantes que a superaron. Os aspirantes non incluídos na lista terán a consideración de “non aptos”.
  • 9.3. POSTO DE CATALOGADOR DE BIBLIOTECA:
    • A Entrevista terá lugar o día (10) dez de xullo, ás 12:00 horas, no Pazo Provincial.
    • Os aspirantes convocaranse para a realización da entrevista nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os aspirantes que non comparecan.
    • Deberán presentarse provistos do D.N.I. ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do Tribunal, e Certificado da Vida Laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
    • Rematada a entrevista, o Tribunal fará público, no taboleiro de anuncios do pazo Provincial a relación de aspirantes que a superaron. Os aspirantes non incluídos na lista terán a consideración de “non aptos”.
  • 9.4.- Rematado o proceso selectivo o Tribunal proporá ao Presidente da Corporación Provincial a contratación dos aspirantes que acadaron maior puntuación nas entrevistas, para formalizar con éstes o preceptivo contrato laboral temporal por Circunstancias da Produción ao amparo do artigo 3 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro.

10.— PERÍODO DE PROBA
Poderase fixar un período de proba de conformidade co previsto no artigo 18 do I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial.

11.— RECOÑECEMENTO MÉDICO
Os aspirantes propostos someteranse obrigatoriamente a recoñecemento médico ao incio da súa relación laboral, a fin de poder comprobar que o traballador reúne as condicións físicas axeitadas para o desenvolvemento do posto de traballo ofertado, e no suposto de declararse non apto, cesará automáticamente no posto para o que foi contratado.

12.— CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES
As Bases desta Convocatoria vinculan a Deputación de Pontevedra, aos Tribunais e aos/ás aspirantes que participen nos procesos selectivos convocados.

13.— INCIDENCIAS
O tribunal de cada proceso selectivo queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias se presenten na súa aplicación, e poderán adoptar os acordos necesarios co fin de conseguir o desenvolvemento óptimo do proceso selectivo.

14.— DISPOSICIÓS FINAIS
As bases da convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados, nos casos e na forma establecida pola LRXPAC.

O que se fai público para coñecemento dos interesados.

Pontevedra, 23 de xuño de 2008
O SECRETARIO XERAL
Carlos Cuadrado Romay


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/