DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Deputación de Pontevedra

Contratación laboral dun operario condutor tractorista con destino ó Parque Central de Maquinaria

Bases xerais | Modelo de instancia | Ampliación do prazo
proceso selectivo

Apertura dun novo prazo de presentación de instancias para a contratación laboral dun operario conductor tractorista.

No Boletín Oficial da provincia nº 138 de data 17 de xullo de 2008, publicouse a convocatoria e bases para a contratación laboral temporal por circunstancias da producción dun operario conductor tractorista con destino o Parque Central de Maquinaria.

Rematado o prazo de presentación de instancias e debido o escaso número de candidatos que optan a este posto, acórdase abrir un novo prazo de presentación de solicitudes de cinco días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, dándose por admitidas as que entraron dentro de prazo e reúnen os requisitos sinalados nas bases da convocatoria.

Para tal efecto terase en conta a seguinte modificación da base terceira, punto un, apartado c), que queda redactado tal e como a continuación se indica: c)“Posuír ou en estar en condicións de obter o certificado de escolaridade e ter o permiso de conducir categoría B, C e E para camión articulado, o día en que remate o prazo de presentación de instancias”.

Pontevedra, 24 de xullo de 2008
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal

Boletín Oficial da Provincia, data 31/07/08, número 147, páxina 18, anuncio 2008007939.

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/