DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

deputación de pontevedra

Contratación laboral por obra ou servizo determinado de
110 peóns de limpeza ou forestais para o
Plan de conservación e limpeza de espazos naturais 2009

bases | criterios de valoración e tribunais
entrevistas e horarios | Formulario de solicitude
lista provisional de admitidos e excluídos
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
LISTA DE ASPIRANTES SELECCIONADOS

criterios de valoración e tribunais

Listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos, tribunais seleccionadores, lugar en datas da entrevista

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte RESOLUCIÓN:

No Boletín Oficial da Provincia (BOP) nº 77, de data 24 de abril de 2009, publicouse a convocatoria e bases para a contratación laboral por obra ou servizo determinado de 110 peóns de limpeza ou forestais con cargo ó Plan de Conservación e limpeza de espacios naturais ano 2009.

De conformidade co disposto na base sétima da convocatoria, RESOLVO:

PRIMEIRO.-
Aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos nos procesos selectivos obxecto destas contratacións que figuran como Anexo I desta Resolución, con expresión das causas de exclusión, debendo publicarse a mesma no BOP, na páxina web e expoñerse no taboleiro de anuncios da Deputación.

Tanto os candidatos excluídos como os omitidos por non figurar na relación de admitidos, disporán dun prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta Resolución no Boletín Oficial da Provincia, para poder subsana-los defectos que motivaron a súa exclusión ou omisión.

Concluído este prazo dictarase Resolución definitiva de admitidos, que será publicada no taboleiro de anuncios da Deputación e na páxina web.

SEGUNDO.-
Designar os membros que integran os tribunais cualificadores correspondentes a cada proceso selectivo:

  1. TRIBUNAL Nº 1
    1. PRESIDENTE.-Titular: Mª Ángeles Herrero Pérez, xefa de Negociado de Vías e Obras.
      SUPLENTE: Mª Jesús Torres Peón, xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación.
    2. SECRETARIO.-Titular: Begoña Estévez Bernárdez, adxunto xefe Servizo RRHH e Formación.
      SUPLENTE: Remedios González Pérez, técnico de estatística de Turismo Rías Baixas.
    3. VOCAL.-Titular: Juan de la Vega Castiñeiras, administrativo do Museo Provincial.
      SUPLENTE: Mª Ángela Comesaña Martínez, coordinadora de publicacións do Museo Provincial.
    4. ASESOR.- Sandra Sineiro Cores, técnico axdunto xefe Servizo Fiscalización adscrita a Intervención.
  2. TRIBUNAL Nº 2
    1. PRESIDENTE.-Titular: Antonio Quinteiro Blanco, xefe de mantenemento adscrito ó Servizo de Arquitectura e Urbanismo.
      SUPLENTE: Elsa Pinto Da Cunha Pimenta, xefa de xestión de RRHH.
    2. SECRETARIO.-Titular: Gabriel Rodríguez Alonso, xefe de Sección de Vías e Obras.
      SUPLENTE: Begoña Estévez Bernárdez, adxunto xefe Servizo RRHH e Formación.
    3. VOCAL.-Titular: Manuel Fernández Dominguez, conductor maquinista adscrito a Vías e Obras.
      SUPLENTE: Antonio Rozados Porto, oficial agrícola adscrito á Finca Mouriscade.
    4. ASESOR.- Blanca Vázquez Rodríguez, xefe de Negociado Xestión de Persoal.
  3. TRIBUNAL Nº 3
    1. PRESIDENTE.-Titular: Elsa Pinto Da Cunha Pimenta, xefa de xestión de RRHH.
      SUPLENTE: Remedios González Pérez, técnico de estatística de Turismo Rías Baixas.
    2. SECRETARIO.-Titular: Antonio Santos Guerra, xefe de Servizo de Cultura e Deportes.
      SUPLENTE: Mª Jesús Torres Peón, xefe do Servizo de RRHH e Formación.
    3. VOCAL.-Titular: José Ramón Piñeiro Piñeiro, educador adscrito á Cidade Infantil “Príncipe Felipe”.
      SUPLENTE: Rosa Pazos Touriño, técnico especialista educación diurna adscrita á Cidade Infantil “Príncipe Felipe”.
    4. ASESOR.-Titular: Vicente Fraga Abilleira, delineante adscrito ó Servicio de Vías e Obras.
  4. TRIBUNAL Nº 4
    1. PRESIDENTE.-Titular: Remedios Pérez González, técnico de estatística de Turismo Rías Baixas.
      SUPLENTE: Elsa Pinto Da Cunha Pimenta, xefa de xestión de RRHH.
    2. SECRETARIO.-Titular: Manuel Corujo Castro, xefe de Servizo de Desenvolvemento Local e FC.
      SUPLENTE: Sonia Mateos Escudero, directora de xestión da Ciudad Infantil.
    3. VOCAL.-Titular: Telmo Cao Mendez, xefe de xestión Patrimonial adscrito a Contratación.
      SUPLENTE: Luz Guadalupe Nercellas Rivas, técnico especialista educación nocturna adscrita á Cidade Infantil “Príncipe Felipe”.
    4. ASESOR.-Titular: Mª Belén Pampín Camino, enxeñeiro técnico- xefe de Sección de Vias e Obras.
  5. TRIBUNAL Nº 5
    1. PRESIDENTE.-Titular: Mariano Gómez Ulla Álvarez, xefe de Servizo do CPAM.
      SUPLENTE: Remedios González Pérez, técnico de estadística de Turismo Rías Baixas.
    2. SECRETARIO.-Titular: Sonia Mateos Escudero, directora de xestión da Ciudad Infantil.
      SUPLENTE: Mª Jesús Torres Peón, xefe do Servizo de RRHH e Formación.
    3. VOCAL.-Titular: Lourdes Gómez Rodríguez, telefonista adscrita á Unidade Mantemento.
      SUPLENTE: Manuela Martínez Martínez, técnico educativo adscrito á Cidade Infantil.
    4. ASESOR.-Titular: Inés Vereterra Gutierrez-Maturana, xefa de Servizo de Fiscalización.

TERCEIRO.-
Determinar o lugar, datas e horas en que se celebrarán as entrevistas correspondentes a cada un dos procesos selectivos convocados, que se concretan na páxina de entrevistas e horarios. Lugar das entrevistas: En Pontevedra, Pazo Provincial.

Pontevedra, 6 de Maio de 2009
O SECRETARIO

Boletín Oficial da Provincia, data 11-05-2009, número 87, páxina 8, anuncio 2009005032.

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/