DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Residuos

  • Recollida de aceites de uso doméstico

    A Deputación de Pontevedra impulsou dentro do desenvolvemento sostible, as políticas de residuos coas políticas económicas, territorial e industrial, co obxecto de priorizar a reutilización, reciclaxe e valorización dos residuos. Por iso, efectuou un Convenio con AERTA - ARCO 23 para a prestación do servizo de recollida, transporte y tratamento dos residuos de aceite de uso doméstico nos concellos da provincia que desexen prestar este servizo.

    Os concellos que prestan este servizo na actualidade son: A Estrada, O Grove, Baiona, A Guarda, A Illa de Arousa, Cerdedo, Meis, Cuntis e nun prazo curto de tempo empezarán os concellos de Lalín, Ponte Caldelas, Valga y Vila de Cruces, Salceda de Caselas, Silleda Poderíase colocar un acceso directo á páxina web do recolledor .

  • Vehículos fóra de uso (VFU)

    El Pleno desta Deputación na sesión de 26 de marzo de 2010 aprobou a posta en marcha dun servizo concertado de recollida de automóbiles abandonados e tratamento de descontaminación para os concellos de menos de 50.000 habitantes. Este servizo consistirá na retirada e tratamento destes residuos mediante una encomenda de xestión dos concellos que así o desexen. Preténdese solucionar un grave problema dos concellos que carecen de medios técnicos e materiais e da infraestrutura suficiente para xestionar este tipo de residuos abandonados nas súas vías públicas, beiravías e montes e tamén a necesidade dos seus habitantes de dar de baixa os seus vehículos atendendo á normativa actual vixente.

  • Dotación de colectores para recollida de residuos urbanos nos concellos da provincia


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/