DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Agricultura

As accións desenvolvidas pola Deputación no sector da agricultura iniciáronse hai moitos anos, adaptándose ós tempos. Entre 1848 e 1861 unha parte do orzamento destínase á Junta de Agricultura Provincial. En 1861 adquírense os terreos para crear unha granxa modelo destinada a ensinanza, en 1877 comprouse millo a E.E.U.U. para a alimentación da provincia e en 1881 a Deputación adoptou o acordo de establecer unha Estación Agronómica Provincial. A principios do século XX subvenciónase un campus de experimentación agrícola.

Como consecuencia do acordo das catro deputacións galegas, en 1930, para a creación e sostemento de catro centros de Experimentación e Investigación, instalouse en Pontevedra a Misión Biológica. En 1921 créase a Escuela de Veterinaria de Compostela que funcionou ata 1926. En 1927 a Misión Biológica instálase provisionalmente no terreo da “Tablada de Campolongo “ e en 1928 a Deputación adquire na parroquia de Salcedo unha granxa, e na actualidade está cedida ó C.S.I.C. Desde 1945 a Misión traballa na investigación de mellora xenética e fomento de cultivo do millo, coles, leguminosas e diferentes aspectos da viticultura.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/