DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Sector Forestal

En relación coa riqueza forestal e repoboación de montes, as actuación remóntanse ó ano 1841, data en que a Deputación se implica na plantación e conservación de montes comunais. En 1867 tráense sementes de eucaliptos desde Sevilla. Nos anos posteriores é moi importante o labor de repoboación, en particular na zona do Morrazo, e créase a Caixa de Anticipos Forestais.

Actualmente e desde hai anos colaboramos na prevención de incendios forestais, favorecendo a entrega de maquinaria, equipamento de brigadas de pronto auxilio e establecendo convenios coa Consellería de Medio Ambiente.

Aínda que o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán non é competencia da Deputación, as súas instalacións cedeullas a institución provincial ó Centro Rexional de Ensinanza, Investigación e Experimentos Forestais, por un período inicial de 20 anos e renovado posteriormente por 50 anos máis. Os traballos de investigación céntranse na introducción de especies forestais, xenética forestal, restauración con frondosas nos montes da Comunidade Autónoma, patoloxía e entomoloxía forestal, ordenación e silvicultura, fertilidade forestal, etc.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/