DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Instalacións

A Cidade Infantil Príncipe Felipe, dedicada á atención de menores, conta cunhas instalacións adecuadas para acoller e lles prestar servizo ós nenos que nela residen. Fórmana os seguintes centros:

  • Un centro infantil para nenos de 0 a 8 anos
  • Dous centros infantís-xuvenís para nenos de 9 a 16 anos
  • Un centro xuvenil para nenos de 16 a 18 anos
  • Unha unidade de primeira acollida, de recente creación
  • Un centro de día para atender ós menores con pais integrados no mundo laboral

A Cidade, ademais destas instalacións, ten no seu interior un pavillón polideportivo, un campo de fútbol, piscinas e terreos de xogo nos que se expandiren os menores internos e un lugar no que desenvolver as súas actividades extraescolares. A Cidade Infantil compleméntase cos edificios cedidos á Consellería de Educación Especial dedicadas a diferentes usos. Así mesmo, todos estes centros dispoñen de servizo de cociña e comedor, lavandaría, mantemento, servizos administrativos e un amplo equipo educativo e psicolóxico.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/