DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Centro de Vacacións
da Lanzada. Localización

O Centro de Vacacións da Lanzada está situado no Concello do Grove, a catro quilómetros e medio do centro urbano, nas inmediacións da praza que lle da nome ó centro “A Lanzada “. Tres quilómetros e medio o separan de San Vicente do Mar, trinta e seis de Pontevedra capital e sesenta e catro da cidade de Vigo.

Pódese chegar ó centro ben pola estrada xeral, ben pola vía rápida de Pontevedra ó Grove, desviándose á esquerda á altura do indicador de San Vicente do Mar a unha distancia dun quilómetro. Tamén se pode acceder ó centro pola estrada que bordea a costa de Sanxenxo a Portonovo ó Grove desprazándose na rotonda que indica San Vicente do Mar.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/