DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Centro de Vacacións
da Lanzada. Instalacións

Residencia: ten capacidade para 96 persoas en réxime de hotel, con pensión completa (temporada de verán) ou só aloxamento (resto do ano ), as habitacións dispoñen de liteiras para catro ou seis persoas. Hai unha sala de TV, sala de lectura, sala de xogos, servizo de comedor, cociña, lavandería, túnel para a praia etc.

Campamento: dispoñible para 150 persoas en tendas de campaña, conta con servizos para señoras e cabaleiros, duchas, lavabos con auga quente e fría, cociña para autoservizo e comedor (exterior e interior).

Sete bungalows: cada un deles, con capacidade para 6 persoas, con cociña, frigorífico, auga quente e cheminea.

O centro ten tamén dúas pistas polideportivas, comúns para a residencia e o campamento, así como un grande piñeiral


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/