DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Programa de educación ambiental Exploradores da Natureza

Formulario de solicitude

O Servizo de Medio Natural vai poñer en marcha o programa de educación ambiental EXPLORADORES DA NATUREZA, dirixido ós alumnos da provincia de Pontevedra de 5º e 6º de educación primaria.

Desenvolverase na granxa-escola Kiriko, de luns a venres, entre o 1 e o 22 de decembro de 2010, nunha xornada, desde as 10:00 h ata as 17:00 h (incluirase o xantar).

Os obxectivos deste programa son: promover o respecto ó noso contorno natural a través do coñecemento das súas peculiaridades, facilitar a incorporación de contidos relativos á protección do medio ambiente nas actividades cotiás dos escolares, potenciar os valores de convivencia e adquirir hábitos saudables baseados nun maior contacto e goce do noso contorno natural.

A actividade comprende un percorrido de interpretación ambiental pola contorna da granxa-escola Kiriko, a procura de indicios do tránsito de animais no bosque, xogos de educación ambiental e talleres de reciclaxe.

Neste programa participarán 660 alumnos e o seu custo total ascenderá a 15.681,6 €.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/