DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Oficina de atención ao inmigrante

A través da oficina de atención ó inmigrante a Deputación de Pontevedra asesora na tramitación administrativa (autorizacións de residencia, traballo, visados, obtención da nacionalidade…), informa sobre as bolsas de traballo, os programas formativos e de orientación e inserción laboral e promove a incorporación dos inmigrantes á vida comunitaria.

Esta oficina presta asesoramento xurídico e sociolaboral a migrantes e ten como finalidade integrar tanto os inmigrantes coma os emigrantes retornados.

En colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia lévanse a cabo accións formativas dirixidas a inmigrantes extracomunitarios para mellorar a súa integración sociolaboral. Neste caso os cursos encádranse dentro do grupo de gran potencialidade de inserción a curto e medio prazo no mercado laboral galego, xa que faltan profesionais formados nestes sectores.

A oficina de atención ó inmigrante, ademais, colabora co SIL para potenciar a inserción laboral deste colectivo.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/