DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

UPD (Unidade de Promoción e Desenvolvemento Deputación de Pontevedra)

A Unidade de Promoción e Desenvolvemento (2009-2011) comezou o seu traballo o 1 de decembro do 2009. É un módulo de intervención no territorio provincial para promover a inserción laboral, fomentar a creación de emprego e dinamizar o territorio provincial. Preténdese acadar os obxectivos aplicando a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no emprego, como acción transversal, e introducindo as novas tecnoloxías da información e as actuacións medioambientais, como eixes innovadores na intervención.

Estas accións agrúpanse en catro estratexias clave:

Estratexia 1: PROMOCIÓN LOCAL E DO EMPREGO

Esta estratexia identifica as necesidades e potencialidades socioeconómicas de cada un dos territorios da provincia a partir das cales se enfocan as intervencións, facendo especial fincapé na rendibilidade dos espazos naturais e rurais, no fomento das políticas de emprego e no desenvolvemento local.

Estratexia 2: APOIO E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE ESCOLAS OBRADOIRO E OBRADOIROS DE EMPREGO

A UPD prestará un servizo de asesoramento integral no deseño, redacción e posta en marcha dos proxectos de escolas obradoiro e obradoiros de emprego das entidades promotoras da provincia, creando materiais metodolóxicos de formación adaptados ás características dos proxectos e colaborando no seguimento e inserción do alumnado.

Estratexia 3: SOLICITUDE E XESTIÓN DE PROXECTOS EUROPEOS A UPD apoiará a área específica de proxectos europeos, que se establece no organigrama do Servizo de Desenvolvemento Local da institución provincial, para lograr unha maior implicación nos proxectos europeos desde a liña da xestión, participación na cohesión territorial e difusión das actuacións experimentais positivas- boas prácticas- por todo o territorio provincial.

Estratexia 4: TRANSVERSILIDADE As accións que se desenvolvan no proxecto UPD contemplarán os aspectos que garantan a introdución do medio ambiente, das novas tecnoloxías da información e comunicación e da igualdade de oportunidades.

Estas estratexias lévaas a cabo un equipo de traballo multidisciplinar de dez persoas, que se distribúen nos seguintes departamentos:

  • Dirección e administración
  • Desenvolvemento de proxectos e promoción económica
  • Formación, orientación, inserción laboral e igualdade de oportunidades
  • Comunicación e difusión

Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/