DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Oficina provincial de Comercio REDIC

A primeira Oficina Provincial de Comercio REDIC na Comunidade Autónoma galega creouse no ano 2009 grazas a un convenio de colaboración asinado coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.

A Oficina Provincial de Comercio REDIC é un servizo de atención ó público que leva a cabo as accións de:

  • Informar, asesorar e orientar os comerciantes e as agrupacións de comerciantes da provincia de Pontevedra.
  • Coordinar as políticas autonómicas e locais na provincia. Coordínanse actividades, intercámbiase información e póñense en marcha políticas en materia de pequeno comercio.
  • Desenvolver actividades de dinamización comercial.
  • Coordinar cos axentes de dinamización comercial.
  • Poñer en marcha a REDIC, unha rede de dinamización, coordinación e mellora do pequeno comercio.

A Oficina Provincial de Comercio REDIC convive coa Área de Comercio da Deputación de Pontevedra e coa Oficina Provincial de Información ó Consumidor (OPIC), situadas na 2ª planta do edificio administrativo da Deputación de Pontevedra


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/