DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Política de calidade do Servizo de
Recursos Humanos e Formación

No Servizo de Recursos Humanos e Formación, establecemos como obxectivo prioritario mellorar continuamente a calidade dos servizos prestados ós nosos clientes e a adaptación aos novos cambios, prevíndose que o alcance se amplíe. Por iso, adaptamos o noso funcionamento ós requisitos que establece a norma de xestión de calidade UNE-EN ISO 9001:2008 e obtivemos o recoñecemento externo da ADECUADA XESTIÓN DA CALIDADE do noso servizo por parte dunha entidade de certificación de calidade (concretamente AENOR).

As directrices xerais que se establecen para a consecución destes obxectivos son as seguintes:

  • Lograr a plena satisfacción dos nosos clientes (internos e externos), proporcionándolles servizos acordes cos requisitos, necesidades, expectativas e especificacións establecidas, incluíndo as normas e lexislación vixente.
  • Establecemento dunha sistemática documentada para asegurar a calidade dos servizos.
  • Implantación nos servizos implicados a mellora contínua como norma de conduta.

Na actualidade, o Servizo de Recursos Humanos e Formación, encóntrase certificado para as seguintes actividades desenvolvidas no servizo: “ Selección e contratación do persoal da Deputación Provincial de Pontevedra e Organismos Autónomos; Xestión do deseño e da impartición da formación do persoal da Deputación Provincial de Pontevedra, Organismos Autónomos e Concellos adheridos da Provincia de Pontevedra e xestión de permisos, beneficios sociais, seguros sociais e nóminas do persoal da Deputación Provincial de Pontevedra.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/