DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA |
http://www.depontevedra.es/ |
Información bibliográfica O servizo de información bibliográfica, baseado na elaboración de bibliografías sobre aspectos concretos de interese para os usuarios e usuarias, ten como obxectivo fundamental achegarlles a información bibliográfica dispoñible na biblioteca a toda a cidadanía, sen necesidade de que se teña que desprazar dende o seu domicilio. Nesas bibliografías as persoas usuarias recibirán información puntual sobre a documentación relativa a un determinado tema específico existente nas monografías e artigos de publicacións periódicas dispoñibles. Para solicitar unha bibliografía determinada deberán indicar na mensaxe o aspecto concreto sobre o que require información; coa maior brevidade posible recibirá un documento pdf coa referencia das fontes de información dispoñibles na biblioteca e na hemeroteca. As bibliografías que se faciliten a través deste servizo incluirán unicamente fontes directas de información, que, en calquera caso, sempre se poderán ampliar mediante o servizo de información e referencia que se presta nas instalacións da biblioteca da Deputación de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, núm. 1, 2ª planta). |
|
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124 http://www.depontevedra.es/ |