DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Deputación de Pontevedra

AVENTÚRATE EN VERDE

Formulario de solicitude

Outono 2012. Educación Primaria( 5º e 6º)

Este servizo ten previsto poñer en marcha o programa de educación ambiental “Aventúrate”, dirixido a alumnos da provincia de Pontevedra que cursen estudos de 5º e 6º de Educación Primaria.

O programa levarase a cabo na granxa-escola El Kiriko, nunha xornada dun día (desde as 10:00 ata as 17:30 h), con comida incluída, de luns a venres no mes de novembro de 2012.

Os obxectivos que se perseguen son:

  • Promover o uso respectuoso do noso contorno a través de experiencias lúdico-educativas
  • Desenvolver a curiosidade cara ó medio natural e os seus habitantes
  • Facilitar a adquisición de habilidades tanto a nivel físico coma intelectual
  • Potenciar os valores de convivencia e adquisición de hábitos saudables baseados nun maior contacto e uso do noso contorno natural máis próximo

O prazo de solicitude rematará o 30 de novembro de 2012.




Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/