DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Centro infantil (maternais). Servizos

  • De titoría:
    tanto por parte da autoridade administrativa coma por disposicións internas, é preceptivo que os nenos conten cun titor educativo de referencia, encargado de suplir as contribucións referenciais das figuras paternas e de manter ó menor na liña educativa que marcan o seu Plan de cas e o P.E.I. particulares.

    Considérase o labor do titor básico e fundamental na atención directa e o seguimento do menor, así como en relación á complementariedade educativa cos seus pais. Aínda que a súa función é integral por definición, destacamos os seguintes aspectos:

    • Inculcar pautas educativas e a formación de hábitos fundamentais para a vida en convivencia: aseo, hábitos instrumentais, interacción social.
    • Atención ó desenvolvemento e á saúde do menor, a súa maduración cognitiva, emocional e social, o seu autocontrol e independencia.
    • A animación, organización e supervisión do ocio e do tempo libre.
    • Representar a figura paterna do neno ante os distintos axentes educativos: colexio, servizos de apoio, médico, etc.
    • A suplencia e relación complementaria cos seus pais.
    • A información á autoridade administrativa da evolución do menor.
  • De psicoloxía:
    no centro existe un servizo de apoio e orientación, responsabilidade do psicólogo infantil, o labor do cal incide de maneira preferente nos seguintes campos:
    • Valoración integral dos menores desde o seu ingreso no centro. Información ós equipos educativos.
    • Organización e seguimento diario do servizo de atención temperá para nenos de menos de tres anos.
    • Valoración aptitudinal dos nenos escolarizados para facilitar adaptacións curriculares
    • Intervencións terapéuticas sobre a problemática de adaptación ó internado.
    • Intervencións de apoio sobre problemáticas de rendemento escolar.
    • Colaboración aberta desde a perspectiva diagnóstica á confección do P.E.I. Orientacións do plan do caso, especialmente se se trata de acollemento ou adopción.
    • Intervencións de axuda á familia ou cambio de patróns familiares disfuncionais
    • Colaboración técnica na planificación e xestión do centro.
  • De asistencia social:
    existe no centro unha asistente social que se encarga de todo o que atinxe á relación do centro coas familias dos menores.
  • De medicina:
    este servizo está levado por un pediatra puericultor e dúas enfermeiras. O seu labor de apoio céntrase en:
    • Diagnóstico e historia clínica dos menores desde o seu ingreso.
    • Atención á casuística das enfermidades diarias.
    • A supervisión sistematizada do desenvolvemento dos nenos.
    • A organización das pautas básicas de puericultura : alimentación , medidas hixiénicas, salubridade e benestar infantil.
    • Colaboración técnica na planificación e xestión do centro
  • De comedor:
    existe un comedor xeral no que se realiza o xantar. O almorzo, merenda e cea nas propias unidades de convivencia.
  • Roupeiro:
    se ben a atención inmediata do equipo de roupa é responsabilidade do titor educativo, existe un roupeiro xeral de apoio ás catro unidades de convivencia, a función da cal é servir de base loxística e especializada en labores moi concretos.
  • Transporte:
    as relacións do centro co seu contorno son asumidas por un servizo de transporte interno. Así volven programar unha serie de viaxes diarias, entre as que están as destinados á traída e regreso dos nenos en réxime de atención de día ás súas casas.
  • Servizo relixioso:
    este centro conta cun servizo relixioso católico para cumprir o culto dominical e para organizar a formación relixiosa dos nenos que queiran facer a primeira comuñón ou a confirmación.

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/