DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Centro infanto-xuvenil "Escola-Fogar".
Obxectivos particulares

Proporcionarlles ós nenos unha vida o máis normal posible:

  • Promovendo nas unidades un ambiente físico e de convivencia similar ó dunha casa
  • Facilitándolles os medios para que coñezan o seu contorno, a cidade, os servizos e recursos dos que dispón.
  • Integrándoos en actividades de nenos de Pontevedra
  • Promovendo amizades de nenos de Pontevedra.
  • Desenvolvemento da súa autonomía e das súas habilidades sociais.
  • Mellorar o rendemento escolar de acordo coas súas posibilidades
  • Aumentar a súa participación nos regulamentos e actividades do centro
  • Conseguir que coñezan as razóns do seu internamento
  • Promover un modelo saudable de vida resaltando os aspectos máis positivos
  • Conseguir que cada neno sexa capaz de marcarse unhas expectativas de futuro de modo que o centro sexa una oportunidade e unha posibilidade para conseguilas
  • Que comprenda que o paso polo centro non é unha estanza pasiva e obrigatoria senón unha axuda para poder alcanzar os obxectivos marcados

Obxectivos

  • Coñecer e valorar os efectos que ten a práctica habitual e sistemática de actividades no deu desenvolvemento
  • Fomentar actitudes de autoesixencia e superación
  • Participar, con independencia do nivel de destreza acadado, promovendo actitudes de cooperación e respecto
  • Ofrecer unha alternativa para ocupar o tempo libre
  • Obter información mediante a observación das conductas, actitudes e aptitudes dos menores
  • Desenvolvemento da creatividade
  • Potenciar a iniciativa
  • Adquirir habilidades sociais básicas
  • Aumentar a autoestima, tentando que se sintan útiles e se valoren
  • Empatizar coa problemática dos compañeiros que teñan algún tipo de dificultade engadida (física, psíquica ou social)
  • Favorecer a comunicación e comprensión entre eles
  • Favorecer o traballo en equipo
  • Conseguir a participación dos menores e da súa implicación

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/