DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Regulamento (cont.)

Creación, natureza xurídica e fins

Artigo 1.- Ó amparo do disposto na lexislación que regula as formas de prestación de servizos por parte das corporacións locais créase o Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM), que queda constituído como organización especializada para a xestión directa dos servizos que se lle encomendan, competencia da Deputación Provincial de Pontevedra.

Artigo 2.- O Centro rexerase polas normas específicas contidas neste regulamento e polas xerais da lexislación de Administración local que lle son aplicables pola súa natureza.

Artigo 3.- Os fins do CPAM son en xeral a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica ós concellos da provincia de Pontevedra e en particular:

  1. Asistencia administrativa
  2. Asistencia xurídica, económica e técnica
  3. Apoio funcional ós alcaldes

Artigo 4.- No anexo I deste regulamento descríbense, a título orientativo, as formas baixo as que se prestarán a asistencia, asesoramento e apoio referidos no artigo anterior, quedando confiado o seu desenvolvemento, ampliación ou reestructuración ó Consello de Administración.

Artigo 5.- Dentro do ámbito dos seus fins, o CPAM poderá colaborar con todas aquelas institucións públicas e privadas que promovan ou persigan finalidades de desenvolvemento e mellora das técnicas aplicables ó funcionamento das corporacións locais.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/