DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Regulamento (cont.)

Contabilidade

Artigo 21.- Gastos: a contabilidade, que ha de reflectir a utilización dos recursos orzamentarios, levarana os servizos da Deputación Provincial como a de calquera outro dos seus centros, coas seguintes especialidades:

  1. As propostas de gasto con cargo ás distintas partidas orzamentarias ha de presentalas o director-xerente e autorizaralas o presidente ou o vicepresidente do Consello de Administración do centro.
  2. Poderán librarse, para xustificar a favor do director-xerente e a petición deste, as cantidades necesarias para os gastos do servizo do centro, que autorice o presidente do Consello de Administración.
  3. O Centro poderá levar unha contabilidade auxiliar, con todo o detalle que se xulgue necesario.

Artigo 22.- Ingresos: mediante a oportuna ordenanza, proposta polo Consello de Administración e aprobada pola Deputación Provincial, poderán establecerse taxas ou prezos públicos, como contraprestación dos servizos que preste o centro, así como as bonificacións correspondentes ás entidades locais usuarias en relación coas súas características.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/