DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Regulamento (cont.)

Prestación dos servizos

Artigo 23.- O centro, de acordo cos seus fins, está destinado fundamentalmente ó servizo das entidades locais da provincia (Deputación, concellos, entidades locais menores, mancomunidades, etc.), que poderían acudir a el por decisión corporativa, ou de calquera dos seus órganos de goberno.

Igualmente, poderán acceder ós servizos do entro especialmente establecidos para eles os alcaldes da provincia, sen distinción ningunha.

Artigo 24.- Por acordo do Consello de Administración estableceranse as condicións de utilización dos diversos servizos que preste o centro, a medida que se encontren dispoñibles. Desta normativa teranse permanentemente informadas todas as corporacións locais da provincia.

Artigo 25.- O Consello de Administración poderá establecer en qué condicións se poderán prestar a outras entidades ou persoas particulares determinados servizos dos que teña establecidos o centro, como poderán ser, entre outros, informacións estatísticas ou publicacións.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/