DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Outros fondos documentais

A necesidade de custodiar debidamente os documentos producidos por institucións suprimidas, das que se herdou ou non competencias, obrigou a reunir no arquivo como fondo individualizado o conxunto de documentos de carácter público, con gran valor testemuñal, dun total de trece entidades e organismos, entre os que se podería destacar o fondo da Inclusa, como testemuño da realidade social dos anos nos que estivo en activo.

Por outra banda, os fondos de carácter privado, aínda que o volume é pequeno, teñen unha importancia transcendental, como complemento de evolución histórica, social e económica da provincia de Pontevedra. Son un conxunto de coleccións documentais de diversa procedencia.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/