DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Mondariz-Balneario actualiza o seu arquivo municipal



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

13 OUTUBRO 2017


O Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación acaba de rematar un proceso de actualización da documentación transferida nos últimos anos dende as propias oficinas xestoras ó arquivo municipal de Mondariz-Balneario, con 70 novas unidades de instalación e 8 metros lineais de documentación, correspondente ós dous últimos anos de xestión administrativa.

Esta última actuación completa un ciclo de asistencia permanente ó Concello de Mondariz-Balneario en materia de patrimonio documental, no que se procedeu á clasificación, ordenación, descrición e instalación dos seus documentos. Dende o primeiro proceso en 1989, leváronse a cabo un total de dez actualizacións, que foron incorporando a nova documentación producida e, ó mesmo tempo, profundizando na información ata a informatización do inventario descritivo a nivel de expediente.

Na actualidade conta o arquivo cun total de 961 unidades de instalación, con documentación que ten como datas extremas os anos 1899 e 2013, e cunha base de datos formada por 5.874 rexistros que permite a localización de calquera expediente.

O arquivo dispón dun local no baixo cuberta da casa do concello, cunhas axeitadas condicións ambientais e de habitabilidade e con espazo suficiente para a disposición dos fondos documentais a medio prazo.



Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/