DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Persoal da Deputación actualiza o arquivo municipal de Catoira



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

13 OUTUBRO 2017


O Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación acaba de rematar un proceso de actualización da documentación transferida no último ano dende as propias oficinas xestoras ó arquivo municipal de Catoira, con 100 novas unidades de instalación e 20 metros lineais de documentación, correspondente ó último anos de xestión administrativa.

Esta última actuación completa un ciclo de asistencia permanente en materia de patrimonio documental ó concello de Catoira, polo que se procedeu á clasificación, ordenación, descrición e instalación dos seus documentos.

Dende o primeiro proceso en 1989, leváronse a cabo un total de catorce actualizacións, que foron incorporando a nova documentación producida e, ó mesmo tempo, profundizando na información ata chegar á informatización do inventario descritivo a nivel de expediente.

Na actualidade conta o arquivo cun total de 1.903 unidades de instalación, con documentación que ten como datas extremas os anos 1861 e 2017, e cunha base de datos formada por 18.995 rexistros que permite a localización de calquera expediente.

A totalidade do patrimonio documental do Concello de Catoira atópase instalado, logo do seu traslado, nos locais habilitados no semisoto do edificio multiusos.



Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/