DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA |
http://www.depontevedra.es/ |
Convocatoria de formación relacionada co patrimonio documental e bibliográfico A Deputación de Pontevedra ven de ofertar una ampla variedade de cursos de formación dentro do Plan de Formación 2018 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Patrimonio Documental e Bibliográfico 03 ABRIL 2018 A Deputación de Pontevedra ven de ofertar una ampla variedade de cursos de formación dentro do Plan de Formación 2018, dos que se pode ter información polo miúdo en "https://www.depo.gal/plan-agrupado-de-formacion-continua" Os cursos están destinados ao persoal da Deputación de Pontevedra e das entidades que se adheriron ao Plan agrupado de formación continua: os concellos de Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa; a Mancomunidade do Salnés, a Mancomunidade do Val Miñor a Escola de Enfermería e Terra de Sanxenxo. O prazo de inscrición comezará a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará dez días antes do comezo de cada acción formativa. A solicitude deberá facerse a través de www.depo.es seguindo estes pasos: • Cubrir os datos do formulario oficial de solicitude e premer en “enviar” • Descargar e imprimir o xustificante electrónico xerado na web tras realizar o envío. Este xustificante incluirá un código único de preinscrición • Presentar o xustificante electrónico xerado durante o proceso de preinscrición debidamente asinado, xunto coa documentación establecida na base 2.4, no Rexistro xeral da institución provincial. Unha vez realizado este proceso considerarase que a persoa solicitante está inscrita no curso. Excluiranse as solicitudes que non estean debidamente asinadas e as que non inclúan a documentación requirida.
Entre eles, referido ao patrimonio documental e bibliográfico, ao arquivo e á situación actual na que nos movemos compre destacar a convocatoria dos seguintes cursos, en diferentes modalidades: Cursos da modalidade EN LIÑA • LIN-18-019: Protección de Datos e Transparencia • LIN-18-026: Xestión Bibliotecaria • LIN-18-030: Xestión Documental na Era Dixital • LIN-18-032: Liderado Visual. Ferramentas de Xestión e Comunicación Visual • LIN-18-033: Arquivo Dixital en Convivencia co Papel Cursos de modalidade PRESENCIAL • PON-18-002: Administración Electrónica e Arquivo Electrónico • PON-18-003: Administración Electrónica: Notificacións Electrónicas • PON-18-006: Catalogación de Publicacións Antigas • PON-18-011: Información e Atención ao Público • PON-18-016: Fotografía: Conceptos Básicos • PON-18-017: Métodos e Formas de Arquivo • PON-18-019: Administración Electrónica: Rexistro Electrónico • PON-18-020: Administración Electrónica: Tramitación do Expediente Electrónico • PON-18-021: O Proceso de Dixitalización de Documentos
|
|
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124 http://www.depontevedra.es/ |