DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

María Ortega visita o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

14 DECEMBRO 2019


María Ortega, elixida deputada provincial polo BNG, asumiu na nova Corporación as competencias relacionadas co Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico en calidade de “Deputada do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, Patrimonio Material e Memoria Histórica, Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos”.

O pasado venres 13 de decembro realizou unha detida visita as dependencias do Servizo para coñecer de forma directa tanto ao persoal do centro como as principais actuacións, inquedanzas e necesidades.

Departindo nun café de traballo falouse dos diferentes proxectos en marcha, destacando a necesidade de por público definitivamente, despois de longo tempo, o portal “Atopo” como elemento de visibilidade e punto de información dos cidadáns; da necesidade de activar a nova web deste Servizo, proxecto xa avanzado pero en fase de execución ou da recente aprobación do mantemento e posibles desenvolvementos das ferramentas técnicas usados no traballo diario.

Pola súa parte fixo incidencia na intención de por en marcha proxectos ilusionantes sobre memoria histórica, publicacións dixitais ou para colectivos desfavorecidos ou con minusvalías; de estar aberta a novas iniciativas en todo o que son as súas competencias sobre o concepto xeral de “patrimonio”, así como a intención de colaborar en manter as liñas de traballo e actuación que se veñen desenvolvendo ao longo das últimas décadas especialmente no relativo a asistencia técnica ao patrimonio documental provincial, especialmente aos concellos.



Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/