DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

deputación de pontevedra

Plantilla de funcionarios para o ano 2005

inicio | funcionarios por categoría | funcionarios por servizo
postos laborais fixos para 2005

Plantilla de funcionarios para o ano 2005

O Pleno da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o día 3 de decembro de 2004, aprobou inicialmente o Presuposto xeral da Deputación para o exercicio de 2005; así mesmo aprobáronse as Bases de execución do Presuposto xeral da Deputación e as específicas dos organismos autónomos, o cadro de persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros de persoal laboral, así como o anexo de investimentos para 2005.

Exposto ó público mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, número 235 de data 7 de decembro de 2004, sen que se presentaran reclamacións contra el durante o prazo regulamentario, considérase definitivamente aprobado, tal como sinala o artigo 169-1, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

De conformidade co disposto no artigo 169-3 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais faise público o Presuposto xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2005, o resumo do cal por capítulos do Xeral e Consolidado é o que se relaciona no Anexo que se achega. Así mesmo, e de acordo co disposto no artigo 127 do Real decreto lexislativo 781/1986 polo que se aproba o Texto refundido das Disposicións legais vixentes en materia de réxime local, se reproduce o cadro de persoal e relación de postos de traballo da Corporación aprobados xunto ó Presuposto xeral.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/