DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Competencias e funcións

A este Servizo correspóndenlle todas aquelas funcións que directa ou indirectamente se encontran relacionadas coa administración e xestión de recursos humanos e que se concretan fundamentalmente nas seguintes materias:

  • Cadro de persoal, relacións de postos de traballo, oferta de emprego público, convocatoria de oposicións, selección, provisión e promoción
  • Selección e contratación de persoal laboral fixo ou temporal
  • Vacacións, permisos, licenzas, situacións administrativas e réxime disciplinario de todo o persoal
  • Negociación colectiva, eleccións sindicais etc.
  • Beneficios sociais, plan de pensións, axudas sanitarias, axudas de estudos, anticipos, préstamos sen interese, seguros, incentivos á xubilación etc.
  • Xestión de nómina e seguros sociais
  • Planificación, xestión e execución do plan de formación

Para levar a cabo estas funcións o Servizo de Recursos Humanos e Formación componse dun técnico de Admón. xeral xefe de servizo, un técnico de Admón xeral adxunto ó Servizo de Recursos Humanos, un técnico de Admón. xeral xefe de negociado, un controlador laboral, un técnico de formación, dous administrativos-xefes de negociado, un auxiliar-xefe de grupo e catro auxiliares administrativos.


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/