DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Unión de Xornalistas de Pontevedra



Selo da Unión de Xornalistas de Pontevedra, que funcionou entre os anos 1982 a 1985, a documentación da cal está depositada baixo a custodia no Arquivo da Deputación
 


1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.3.
1.2. Título UNIÓN DE XORNALISTAS DE PONTEVEDRA
1.3. Datas 1982-1985
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 3 unidades de instalación con 20 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade. Inclúe unha serie de materiais usados na Asociación: selos, anagramas.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor UNIÓN DE PERIODISTAS DE PONTEVEDRA
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
A Unión de Xornalistas de Pontevedra foi creada a mediados do ano 1982 e funcionou ata mediados de 1985. Non coñecemos os seus estatutos nin a súa finalidade específica que, supoñemos, sería a defensa e mellora da súa actividade profesional. Organicamente contaba cunha xunta directiva e unha asemblea xeral. Estaba integrada na Federación Nacional de Unións de Xornalistas e tiña diferencias coa Asociación de Prensa da provincia. O seu presidente foi José Francisco Armesto e o vicepresidente Pedro Antonio Rivas.
2.3. Historia arquivística Esta documentación entregoulla ó Arquivo para a súa custodia e tratamento no ano 1994 pola periodista Pilar Fariña cando se disolveu a asociación. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do porxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia"
2.4. Forma de ingreso Depósito


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A pesar de ser un fondo pouco voluminoso, tanto as actas coma a documentación dos seus afiliados pode ter certo interese para o coñecemento deste colectivo profesional. Ademais da documentación consérvanse así mesmo cuños, anagramas, diplomas e unha placa conmemorativa.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non tivo expurgos. Conservación total polo carácter testimonial e informativo de dita asociación.
3.3. Novos ingresos Fondo pechado.
3.4. Organización

Ten o seguinte cadro de clasificación:
1. ADMINISTRACIÓN
1.1. Libro de actas da Unión de Xornalistas
1.2. Libro de contabilidade da Unión de Xornalistas de Pontevedra
1.3. Libro de actas da Comisión de Admisión
1.4. Expedientes persoais de socios
1.5. Correspondencia

2. MATERIAIS ESPECIAIS



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación bo
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM, cun total de 20 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de documentos orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
5.4. Nota de publicacións Non se coñecen.


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Febreiro de 2018

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/