DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

deputación de pontevedra

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS
PARA A DOTACIÓN DOS SERVIZOS BÁSICOS ÁS PRAIAS 2005

ANUNCIO

Anuncio

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 28 de xaneiro de 2005, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
8.12748.—BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS PARA A DOTACIÓN DOS SERVICIOS BÁSICOS ÁS PRAIAS 2005

Vistos os informes favorables emitidos por Asesoría Xurídica, e o de Intervención, no que certifica a existencia de consignación por importe de cincocentos vinte mil euros (520.000,00 €) na partida 05/711.442.762.82 do vixente orzamento provincial, segundo retención de crédito número 200500002390; visto así mesmo o Dictame da Comisión Informativa de Urbanismo e Medio Ambiente de data 19 de xaneiro de 2005 na que as Bases foron dictaminadas favorablemente cos votos do PP e a abstención de PSOE e BNG, acórdase por unanimidade aprobar as Bases reguladoras de axudas a Entidades Locais para dotación de servizos básicos a praias.

Ditas bases son como seguen:

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS
PARA A DOTACIÓN DOS SERVIZOS BÁSICOS ÁS PRAIAS 2005

1.— PRINCIPIOS XERAIS
A Deputación de Pontevedra, para mante-las praias da provincia e o seu contorno nas debidas condicións de limpeza e seguridade, vai continuar coas axudas para a dotación de servicios básicos ás praias iniciadas fai oito anos.

2.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
Constitue obxecto das presentes bases defini-lo conxunto de condicións e o proceso que se haberá de seguir para a concesión de subvencións que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida presupostaria 711-442-762.82, para dotar de servicios básicos ás praias e ó seu contorno, cun crédito inicial de cincocentos vinte mil euros ( 520.000,00 €).

3.— ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDAS E CONTÍA DA SUBVENCIÓN

  1. Serán obxecto de axudas os investimentos realizados en equipamentos para o mantemento das praias nas debidas condicións de hixiene e seguridade: duchas, puntos de auga potable, torres de vixilancia, megafonía para a advertencia de perigo, balizaxes para separación de zonas de baño, sinalización adecuada de servicios básicos e accesos, maquinaria de limpeza e demais equipamientos necesarios para ese fin que non se encontren aquí especificados.
  2. As axudas económicas poderán acada-lo 75% do investimento realizado, ata un máximo de trinta e seis mil sesenta e un euros (36.061 €) por proxecto.

O Ilmo. Sr. Presidente ou o órgano competente desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, salvo casos de urxencia nos que poderán concederse dándolle conta despois á Comisión.

4.— BENEFICIARIOS
Poderá solicita-la subvención calquera municipio costeiro que teña unhas praias que se frecuenten habitualmente na época estival e que carezan dos servicios que se especifican no punto anterior, ou ben que desexen melloralos.

5.— FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES

  1. As solicitudes asinadas polo Alcalde do Concello solicitante dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegándose a seguinte documentación:
    1. Memoria explicativa e detallada dos equipamentos que adquirirán. Na memoria debe figura-lo nome e maila extensión das praias obxecto da actuación e, no caso de que sexa posible, co plano correspondente.
    2. Especificacións técnicas dos equipos dos que se prevexa a adquisición.
    3. Presuposto desglosado dos equipos dos que se prevexa a adquisición.
    4. Certificado do acordo do órgano competente da Corporación polo cal se acolle á subvención e se compromete a realiza-la actuación.
    5. Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para estas actuacións a outras administracións públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación.
  2. O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezan sobre a actuación proposta.

6.— PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As axudas suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial.

Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora, a Presidencia poderá dispoñer de ata un 20% do crédito destinado a estas axudas fóra do prazo anteriormente sinalado.

7.— CONDICIÓNS E SELECCIÓN DE SOLICITUDES

  1. Na presentación de solicitudes teranse en conta os seguintes criterios:
    • Concello declarado de interes turístico galego.
    • Importancia turística do Municipio.
    • Número de usuarios das praias.
    • Praias candidatas para obteren a bandeira azul da UE.
    • Número de praias.
  2. Os Concellos beneficiarios deberán facer consta-la colaboración da Deputación Provincial en tódalas actuacións ou adquisicións que realizen.

8.— XUSTIFICACIÓN E ABOAMENTO DAS SUBVENCIÓNS

  1. Para recibi-las subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos:
    • Memoria detallada da actuación
    • Escrito asinado polo Alcalde que se lle dirixirá ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación solicitando que se efectúe o pagamento da subvención e indicando a contía e mailo concepto subvencionado, así como o número da conta corrente á que teña que envía-la transferencia.
    • Facturas orixinais, fotocopia compulsada das mesmas, ou certificación da obra realizada
    • Certificado acreditativo, expedido polo secretario, de que as facturas ou certificacións que se presentan como xustificante as aprobou o órgano de decisión correspondente.
    • Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para o mismo fin a outras administración públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación.
    • Certificacións de estar o corrente de pago coa Seguridade Social e a A.E.A.T., sendo suficiente habe-las presentado o principio do exercicio.
  2. A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase antes do 31 de marzo de 2006.

9.— CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Os servicios técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realizen correctamente os investimentos previstos, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflexando o resultado no correspondente informe; así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas.

10.— O INCUMPRIMENTO DE CALQUERA DOS REQUISITOS ESIXIDOS NESTAS BASES e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réximen Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

11.— E NO NON PREVISTO NESTAS BASES estarase ó disposto na lexistación de contratos e na Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.”

O que se comunica para o seu coñecemento e efectos, coa salvidade que establece o art. 206 do ROF.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2005.
O SECRETARIO ACCIDENTAL

Boletín Oficial da Provincia, data 09/02/2005, número 27, páxina 18, anuncio 2005000948.

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/