DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Colección documental Perfecto Feijoo



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. 36038 AMPo
1.2. Título Colección documental de D. Perfecto Feijoo
1.3. Datas 1858-1935
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte 5 caixas de arquivo con soporte en papel, 8 discos e 50 fotografías


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Perfecto Feijoo Poncet
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
O pontevedrés D. Perfecto Feijoo (1858-1935) estudou Farmacia na Universidade de Santiago. Tras exercer a súa profesión en Madrid estableceuse na súa vila natal, na famosa Botica da Peregrina, punto de reunión de numerosas persoas que participaban en famosas tertulias literarias e musicais. Á marxe do seu labor profesional entretíñase tocando a gaita, preocupándose ademais por recuperar o folclore musical galego. A súa afeción materializouna na formación do coro “Aires da Terra” en 1883, agrupación que dirixiu e difundiu por toda a xeografía peninsular, e incluso no estranxeiro, a esencia da música galega, obtendo numerosos recoñecementos en forma de premios e comentarios na prensa do momento
2.3. Historia arquivística Esta colección está formada por material moi diverso. Ás numerosas fotografías que se conservan no Arquivo Gráfico do propio Museo hai que engadir discos, partituras, títulos e diplomas e materiais diversos das diferentes xiras do grupo. Na catalogación de partituras participaron distintos bolseiros; Fernando Otero Urtaza e Fernando Obés. A discografía foi obxecto de traballo de Ángela Comesaña Martínez. Por último, Estella Omil Ignacio fixo unha descrición global de todos os obxectos relacionados con Perfecto Feijoo que se conservan no Museo
2.4. Forma de ingreso Compra tras a morte do fillo de D. Perfecto, D. Carlos Feijoo, en 1964


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A maior parte de material son partituras de música popular recollida por D. Perfecto. Tamén ten numerosos títulos e diplomas, recortes de prensa e materiais de concertos e algúns discos
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se fixo expurgo ningún
3.3. Novos ingresos Non se produciron
3.4. Organización

Discos

Fotografías

Documentación
Documentos persoais
- Privados
- Correspondencia
- Familiares
- Do loro Ravachol
Documentos de función
- Como farmacéutico
- Como director do coro “Aires da Terra”



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre
4.2. Condición de reprodución Libre previa solicitude por escrito, excepto materiais encadernados ou en mal estado
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Galego e castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Discos de baquelita e documentos en papel de diferentes tamaños, o que obriga a gardar algúns deles en planeiros
4.5. Instrumentos de descrición Catálogos xerais publicados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñecen outros documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións Comesaña Martínez, Ángela, “Catálogo de la discografía gallega antigua en el Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, tomo LIII, Pontevedra, 1999
Filgueira Valverde, Xosé F., “O Arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, tomo XLII, Pontevedra, 1988
Omil Ignacio, Estrella, “Perfecto Feijoo no Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, tomo LV, Pontevedra, 2001


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro 2004

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/