DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Fondo Maxistratura de Traballo Nº 1 de Pontevedra



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Expediente gobernativo nº 162/1953
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Maxistratura de Traballo nº 1 de Pontevedra
1.3. Datas 1953-1988
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 1135 atados en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Maxistratura de Traballo nº 1 de Pontevedra
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
A Maxistratura de Traballo de Pontevedra créase pola Orde do 22 de abril de 1953, ata entón a única maxistratura existente, creada en 1938 e con competencia en toda a provincia, tiña a súa sede en Vigo. Segundo a Orde de 1953 o territorio da Maxistratura de Pontevedra comprenderá os partidos xudiciais de Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Lalín, Pontevedra, Pontecaldelas e Redondela, agás os concellos de Cangas, Moaña, Mos, Pazos de Borbén e Redondela, que continuarán dependendo da de Vigo. Esta situación manterase estable ata o R.r. 493/1985 polo que se crea a Maxistratura de Traballo nº 2 de Pontevedra. A entrada en vigor da “Ley de Planta y Demarcación Judicial”, do 28 de decembro de 1988 substitúe as Maxistraturas de Traballo polos Xulgados do Social, que en Pontevedra estenderán a súa xurisdición a toda a provincia, agás o Partido Xudicial de Vigo.
2.3. Historia arquivística Os expedientes da Maxistratura nº 1 de Pontevedra ingresaron no A.H.P. en distintas transferencias efectuadas nos anos 1980, 1981, 1982, 1983, 1988 e 1991.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A documentación está formada por dúas series: “Expedientes contenciosos” e “Expedientes gobernativos”. Os contenciosos inícianse por demanda de particular e por distintos motivos: salarios, seguros sociais, subsidios, I.L.T., invalidez, etc.; os gobernativos comezan a instancia da administración e derivan do incumprimento das obrigacións respecto á seguridade social.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico
3.4. Organización As dúas series que compoñen o fondo, expedientes contenciosos e expedientes gobernativos, seguen unha ordenación numérica dentro de cada ano.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
O estado de conservación é bo en xeral.
4.5. Instrumentos de descrición Inventario.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/