DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Fondo Xulgado de Distrito Nº 2 de Vigo



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Expediente de xuízo de desafiuzamento nº 22/1940
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Xulgado de Distrito nº 2 de Vigo
1.3. Datas 1933-1980 (predomina 1934-1969)
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 175 caixas en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xulgado Municipal nº 2 de Vigo
Xulgado de Distrito nº 2 de Vigo
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Créase polo Decreto do Ministerio de Justicia do 4 de marzo de 1933, polo que tamén se crea o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2. A partir deste intre o juíz decano, que será o do nº 1, encargarase do reparto dos asuntos civís e penais entre os dous xulgados. A Lei de bases da xustiza municipal de 1944 establece unha división entre xulgados municipais, radicados nas capitais de provincia, e concellos de máis de 20.000 habitantes, comarcais, nos concellos “que sean centros o capital de comarca”, e de paz nos restantes municipios; pola Orde do 24 de marzo de 1945 foi aprobada a demarcación destes Xulgados. Esta situación manterase ata o R. d. 2104/1977, que desenvolve a Lei de bases 42/1974, orgánica da xustiza, pola que se unifican os xulgados municipas e comarcais baixo a denominación xenérica de xulgados de distrito.
2.3. Historia arquivística Do mesmo xeito que os fondos dos xulgados de 1ª Instancia e Instrución de Vigo, a documentación dos xulgados municipais tamén ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, na mesma situación de caos e desorde, e incluso bastante máis deteriorada, probablemente debido á humidade dos depósitos nos que se gardaba. Está tamén en proceso de organización e descrición, que está rematado nun 50%.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido No eido civil a documentación está formada por xuízos verbais, de cognición e de desafiuzamento e mais actos de conciliación, e no eido penal, de xuízos de faltas.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico
3.4. Organización

MATERIA CIVIL
- Xuízos verbais civís
- Xuízos de cognición
- Xuízos de desafiuzamento
- Actos de conciliación

MATERIA PENAL
- Xuízos verbais de faltas
- Dilixencias previas



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade, existen tamén documentos afectados por fungos e a acción de pequenos animais (insectos, roedores, pombas...)
4.5. Instrumentos de descrición Inventario.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada nos fondos dos Xulgados de 1ª Instancia e Instrución de Vigo.
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/