DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Deputación de Pontevedra
Proxecto Cidade+ (Interreg III-A)

Selección alumnos/as curso camareiro/a
cafetería-bar (O Grove)

Anuncio | Bases
Solicitude | Modelo Curriculum

Bases

Bases reguladoras da acción formativa camareiro/a de cafetería-bar do Proxecto Cidade + (Interreg III-A) (O Grove)

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases regulan o procedemento selectivo para cubrir 15 prazas no Curso de Camareiro/a de cafetería-bar, que forma parte das accións formativas do Proxecto Cidade +.
Este curso ten unha duración de 215 horas (135 horas teórico-prácticas e 80 horas de prácticas en empresas). A formación teórica realizarase no Grove en horario de 9:00 a 14:00 de luns a sábado. A acción formativa levarase a cabo entre os meses de Maio-Xuño de 2005, con data posible de comezo o 11 de Maio.

2. CONTIDO DO CURSO

  • Introducción á hostalería – 10 horas
  • Pratos combinados - 25 horas
  • Servicio de barra – 30 horas
  • Sándwich, bocadillos - 25 horas
  • Montase e posta en marcha - 40 horas
  • Seguridade e hixiene no traballo - 5 horas
  • Practicas en empresas - 80 horas

3. BECAS POR DESPRAZAMENTO
Os beneficiarios da acción formativa terán dereito a unha beca por desprazamento, entendendo este concepto como a distancia que exista entre o domicilio dos usuarios ó lugar de impartición do curso.
Abonarase mensualmente unha contía máxima de 360 € ou 240 € (sexa a distancia superior ou inferior a 12 km.), e descontarase a razón de 18 € o 12 € por día que o alumno non asista ó curso.

4. REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. REQUISITOS MÍNIMOS
    • Ter cumpridos 18 anos de idade
    • Persoas emigrantes retornadas e os seus descendentes, que acrediten que non trancurriron máis de cinco anos do seu retorno.
    • Inmigrantes que se atopen en situación regular.
    • Nivel académico: formación básica en lecto-escritura. (certificado de escolaridade ou equivalente no país de orixe)
    • Nivel profesional: non se precisan coñecementos específicos.
    • Condicións: aquelas que non impidan o desenvolvemento da profesión.

     
  2. REQUISITOS DE VALORACIÓN COMPLEMENTARIA
    • Antigüidade no INEM.
    • Experiencia profesional acreditada no sector.
    • Formación relacionada.
    • Para inmigrantes: posuír autorización de residencia e traballo.

5. SOLICITUDES
As solicitudes para o curso presentaranse ou ben no Rexistro Xeral da Deputación (en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado), ou nas instalacións do proxecto Cidade + na Cidade Infantil Príncipe Felipe (en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres). Prazo máximo de recollida de solicitudes sete días naturais dende a publicación das bases.

6. DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

  • Currículo segundo modelo facilitado en Rexistro da Deputación, en Cidade + ou ben na páxina web.
  • DNI ou NIE.
  • Para emigrante retornado: documento acreditativo da condición de retornado.
  • Para familiar de retornado: documento que acredite o parentesco co retornado.
  • Para inmigrante: Autorización de residencia ou autorización de residencia e traballo.
  • Tarxeta do INEM
  • Vida laboral.
  • Certificado de ingresos: prestacións INEM, Xunta ou nómina.
  • Certificado de antigüidade no INEM.

7. COMISIÓN DE SELECCIÓN
A Comisión de selección dos beneficiarios desta acción formativa do Proxecto Cidade + (Interreg III-A) estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: A Deputada Provincial de Acción Social ou en quen delegue.
  • O secretario da corporación ou en quen delegue.
  • Vocais:
    1. A xerente de Cidade+.
    2. Un representante da Asociación de Hostelería do Grove.
    3. As dúas técnicas responsables do Departamento de orientación laboral do proxecto Cidade+.

8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O proceso selectivo constará de dúas fases: valoración de currículo e entrevista persoal, establecéndose como puntuación máxima 5 puntos en cada fase.

  • VALORACIÓN DO CURRÍCULO
    O currículo será valorado atendendo os seguintes criterios de baremación.

    REQUISITOBAREMO
    criteriopuntos
    Experiencia profesional no sectorMais de 12 meses2
    De 6 a 12 meses1
    Menos de 6 meses0.5
    Tempo en desempregoMáis de 12 meses1
    De 6 a 120.5
    Recursos económicosSi non ten ingresos0.5
    Formación relacionadapor curso0.25
    Máximo1.5

     
  • ENTREVISTA PERSOAL
    A puntuación máxima da entrevista será de 5 puntos, que se sumarán, á puntuación obtida na fase de baremación de currículo.
    As entrevistas realizaranse tres días habiles despois de rematado o prazo de entrega de solicitudes; no caso que coincida en día non hábil, fariase ó día seguinte.

9. PROPOSTA DE SELECCIÓN
Ó día seguinte ou no mesmo día da realización das entrevista publicarase na páxina web e no taboleiro da Deputación a lista de admitidos para o curso. Así mesmo tamén se publicará unha lista de reserva, para que en caso de baixas, poidan incorporarse novos/as alumnos/as.

10. RÉXIME XURÍDICO
A comisión de valoración queda facultada para adoptar as decisións que se estimen oportunas para a aplicación destas bases.

Pontevedra, a 27 de abril de 2005
O PRESIDENTE
O SECRETARIO


Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/