DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Padroado de Turismo Rías Baixas

Bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de subvencións para realización de material de divulgación e información turística para o ano 2005

Bases | Anexo I | Anexo II

Anexo II

FORMATOS-TIPO PARA MATERIAL DIVULGATIVO E PROMOCIONAL

O Padroado de Turismo pon a disposición de tódolos interesados o Manual de Normativa Gráfica, do que extractamos o máis salientable:

1.- GUÍAS, FOLLETOS, RUTAS

  • Tamaños
    1. 10 cm. ancho x 21 cm alto para folletos pequenos
    2. 15 cm x 21 cm alto para guías ou rutas.
  • Insercións:
    • Portada
      1. O exterior do folleto (portada e contraportada) ilustrarase cunha única imaxe seleccionada libremente polo Concello ou Entidade.
      2. Nome destacado da entidade e eslogan (se o tivese) na metade superior, quedando reservada a metade inferior para o título da guía, idioma e outros posibles datos.
      3. Tódolos folletos levarán unha banda inferior ó longo de todo o folleto (portada e contraportada) de 3 cm. De alto, de cor azul (Pantone 288 CVC –c100 m65 y0 k30-), onde se ubicarán os logotipos oficiais de Turismo Rías Baixas e Deputación Pontevedra
    • Logotipos
      Na franxa dianteira só se poderá coloca-lo logotipo oficial de “Turismo Rías Baixas” co sol e o lema “ven y déjate llevar” en su tipografía orixinal e centrado respecto á banda.
    • Contraportada
      1. Na franxa traseira ubicaránse os seguintes logotipos: Turismo de Rías Baixas á dereita e a Deputación de Pontevedra a esquerda.
      2. Os logotipos das entidades colaboradoras que por obriga deban aparecer no folleto nunca poderán ser incluídos dentro da franxa azul. A súa colocación natural será xusto encima de dita franxa na
    • Interior
      1. O interior levará un Índice centrado das materias do folleto, así como referencia a web www.riasbaixas.org, e tfno 986 842 690 de Turismo Rías Baixas, que se colocará preferentemente no interior da portada.

2.- MAPAS, RUEIROS
Valorarase a actualización dos contidos de rueiros comarcais, locais, mapas con detalles, etc. Non se establece un tamaño estándar, pero sí deben incluirse en portada ou contraportada os seguintes datos:

  1. Logo oficial, web www.riasbaixas.org e teléfono 986 842 690 de Turismo Rías Baixas, e logo de Deputación de Pontevedra.

3.- POSTERS, SEPARATAS, POSTAIS
En carteis ou pósters débese incluir unha banda inferior azul centrada que conteña:

  1. Á esquerda, logo “DEPUTACIÓN PONTEVEDRA”, en branco.
  2. Á dereita, logo “TURISMO RÍAS BAIXAS”, a cores ou branco.
    Ámbolos logos deben ter un tamaño mínimo de 1cm x 1cm.
  3. No centro, eslogan “Concello/Vila/Lugar, UN/HA Concello/Vila/Lugar SORPRENDENTE”

En postais ou separatas débese incluir alomenos o Logo oficial de Turismo Rías Baixas.

4.- MATERIAL AUDIOVISUAL
Só se subvencionará material en formato profesional (DVCam, Betacam, DVCPro ou semellantes) que inclúan os Logos Oficiais de “DEPUTACIÓN PONTEVEDRA” e “TURISMO RÍAS BAIXAS” nos créditos e tamén nas carátulas de presentación.

5.- PÁXINAS WEB
Débese incluír un link a www.riasbaixas.org na páxina principal da web, que debe estar actualizada.

6.- RESTO MATERIAL DIVULGACIÓN
En tódo material subvencionable debe incluirse en lugar visible ós logos de DEPUTACIÓN PONTEVEDRA e TURISMO RÍAS BAIXAS, así como páxina web www.riasbaixas.org e teléfono de Turismo Rías Baixas: 986 842 690.




Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/