DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

deputación de pontevedra

Plan agrupado de formación continua para o ano 2005

Bases | Zona Sur |INAP
Persoal Deputación | Zona Norte |Zona Pontevedra
Zona Salnés | Distancia

INTERVENCIÓN EN FAMILIAS CON PROBLEMAS

OBXECTIVOS: Explicación dos conceptos teóricos mínimos para introducir a práctica clínica. Adestrar na condución da entrevista na terapia familiar. Propoñer a terapia familiar como un proceso interactivo que ten como finalidade o cambio. Adestrar na colaboración e transmisión de mensaxes presentándoas como recursos técnicos útiles para conseguir os obxectivos terapéuticos. Mostrar a aplicación da terapia familiar nos diferentes trastornos psicopatolóxicos

PROGRAMA

  • Fundamentos teóricos da terapia familiar. Teoría xeral dos sistemas
  • Teoría da comunicación humana
  • Ciclo vital individual e familiar
  • Familia funcional e disfuncional
  • Técnicas de entrevista familiar
  • Modelos sistemáticos básicos: estrutural, estratéxica, de Milán
  • Características das diferentes escolas; historia, conceptos básicos; técnicas; contexto e proceso terapéutico
  • Metodoloxía da terapia familiar; gravación, visualización; análise de entrevistas familiares
  • Indicacións da terapia familiar
  • A terapia familiar nos trastornos psicopatolóxicos: esquizofrenia e outras psicoses; trastornos da alimentación; acoholismo e toxicomanías, etc...
  • Terapia de parella. Intervención en crises

METODOLOXÍA: Teórico-práctica

HORAS LECTIVAS: 20

PERFIL ASISTENTES: Persoal da Administración local

MÁX. DE ALUMNOS: 20

Edicións prev.: 1

LUGAR E DATA:

  • Zona Norte
    • Silleda. Do 28 de setembro ó 6 de outubro
  • Zona Salnés
    • Cuntis. Do 19 ó 27 de setembro

HORARIO: De tarde




Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/